A lactoferricina é un péptido catiónico anfipático con propiedades antimicrobianas[1] e anticanceríxena.[2] Pode xerarse pola dixestión proteolítica da lactoferrina realizada pola pepsina.

Lactoferricina
Identificadores
SímboloN/A
OPM superfamily203
OPM protein1lfc

A lactoferricina é o péptido antimicrobiano (AMP) máis estudado derivado das proteínas do leite. A secuencia completa da lactoferricina corresponde ao fragmento 17-41 da lactoferrina (FKCRRWQWRM KKLGAPSITCVRRAF; LFB0084 Arquivado 03 de novembro de 2018 en Wayback Machine.) e secuencias dentro deste fragmento son tamén antimicrobianas. A base de datos MilkAMP contén un total de 111 péptidos (naturais, sintéticos e modificados) comprendidos ou derivados da lactoferricina completa.[3] En humanos a lactoferricina corresponde ao fragmento 1-47 da lactoferrina pero consta de dúas subunidades, concretamente os fragmentos 1-11 e 12-47 (LFH0009 Arquivado 13 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.), conectados por unha ponte disulfuro.

A lactofericina humana e a bovina son dúas formas moi estudadas da lactoferricina. Entre elas hai grandes diferenzas na secuencia. A lactoferricina bovina contén 25 residuos, mentres que a humana contén 49 residuos.[4] Ademais, a lactoferricina bovina cando se sitúa en solución forma unha folla β-pregada, mentres que a lactoferricina humana forma unha estrutura enroscada.[5]

Notas editar

  1. Wakabayashi H, Takase M, Tomita M (2003). "Lactoferricin derived from milk protein lactoferrin" (PDF). Current Pharmaceutical Design 9 (16): 1277–1287. PMID 12769736. doi:10.1007/s13594-013-0153-2. 
  2. Eliassen LT, Berge G, Sveinbjørnsson B, Svendsen JS, Vorland LH, Rekdal Ø (2002). "Evidence for a direct antitumor mechanism of action of bovine lactoferricin". Anticancer Research 22 (5): 2703–10. PMID 12529985. 
  3. Théolier J, Fliss I, Jean J, Hammami R (2013). "MilkAMP: a comprehensive database of antimicrobial peptides of dairy origin" (PDF). Dairy Science & Technology 94 (2): 181–193. PMID 12769736. doi:10.1007/s13594-013-0153-2. 
  4. Gifford JL, Hunter HN, Vogel HJ (novembro de 2005). "Lactoferricin: a lactoferrin-derived peptide with antimicrobial, antiviral, antitumor and immunological properties". Cellular and Molecular Life Sciences 62 (22): 2588–98. PMID 16261252. doi:10.1007/s00018-005-5373-z. 
  5. Hunter HN, Demcoe AR, Jenssen H, Gutteberg TJ, Vogel HJ (agosto de 2005). "Human lactoferricin is partially folded in aqueous solution and is better stabilized in a membrane mimetic solvent". Antimicrobial Agents and Chemotherapy 49 (8): 3387–95. PMC 1196233. PMID 16048952. doi:10.1128/AAC.49.8.3387-3395.2005. 

 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.