Abrir o menú principal

Labrar

trazar surcos máis ou menos profundos na terra cunha ferramenta de man ou cun arado
Calendario (l'aratura). Miniatura (c. 1000), Cotton ms. Tiberius B. V., f. 3r., Londres, The British Library.

A labranza[1] é a operación agrícola consistente en trazar surcos máis ou menos profundos na terra cunha ferramenta de man ou cun arado. A acción de labrar a terra mediante un arado é referida como «arar».[2] A palabra «labrar»[3][4] deriva do latín laborāre, que tiña o significado xenérico de traballar.

Entre as funcións da labranza atópanse facilitar a circulación da auga para unha rega correcta, destruír as malas herbas, facer menos compacta a terra adecuándoa así para a sementa agrícola, mellorar a estrutura e textura do chan, evitar a encharcada provocada por altas precipitacións pluviais e o uso como control biolóxico xa que os insectos e vermes quedan a nivel superficial e veñen os depredadores a alimentarse deles. Arar a terra varias veces, emparellando para formar superficie de plantación dáse en lugares onde as condicións climáticas non permiten preparar o chan previamente (temperaturas baixas, choivas etc.).

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para labranza.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arar.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para labrar.
  4. Definición de labrar no Dicionario de Galego.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar