Labrar

trazar surcos máis ou menos profundos na terra cunha ferramenta de man ou cun arado
(Redirección desde «Labranza»)

A labranza[1] é a operación agrícola consistente en trazar surcos máis ou menos profundos na terra cunha ferramenta de man ou cun arado. A acción de labrar a terra mediante un arado é referida como «arar».[2] A palabra «labrar»[3][4] deriva do latín laborāre, que tiña o significado xenérico de traballar.

Calendario (l'aratura). Miniatura (c. 1000), Cotton ms. Tiberius B. V., f. 3r., Londres, The British Library.

Entre as funcións da labranza atópanse facilitar a circulación da auga para unha rega correcta, destruír as malas herbas, facer menos compacta a terra adecuándoa así para a sementa agrícola, mellorar a estrutura e textura do chan, evitar a encharcada provocada por altas precipitacións pluviais e o uso como control biolóxico xa que os insectos e vermes quedan a nivel superficial e veñen os depredadores a alimentarse deles. Arar a terra varias veces, emparellando para formar superficie de plantación dáse en lugares onde as condicións climáticas non permiten preparar o chan previamente (temperaturas baixas, choivas etc.).

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar