Labios (xenitais)
Labios, na anatomía feminina humana, son dobras de pel existentes na vulva. Tras a puberdade, así como a vulva, cúbrense polos pelos pubianos.
Existen dous tipos de labios vaxinais:
- Labios maiores (labia majora) e os
- Labios menores (labia minora), tamén chamados de ninfas.
Existen nunha grande variedade de tamaños e formas, e sofren intumescemento cando a muller está sexualmente excitada.
Os labios menores localízanse internamente aos labios maiores (por veces, os labios menores son máis longos que os labios maiores, expandíndose para fóra destes), e esténdense do prepucio do clítoris até debaixo da vaxina, envolvendo o orificio vaxinal e a abertura da uretra.
Os labios varían de cor de individuo para individuo, en xeral acompañando o ton de pel, porén poden mudar de cor ao longo da vida dunha mesma muller.
|
|
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |