La voce del violino

La voce del violino é unha novela policíaca en lingua italiana de Andrea Camilleri, publicada en 1996, pola editorial Sellerio. É a terceira entrega da saga protagonizada polo Comisario Montalbano.

La voce del violino
Título orixinalLa voce del violino
Autor/aAndrea Camilleri
OrixeItalia
Linguaitaliano - siciliano
Xénero(s)Novela policial
EditorialSellerio editore
Data de pub.1997
Páxinas209
ISBNISBN 88-389-1405-2
Precedido porIl ladro di merendine (1996)
Seguido porUn mese con Montalbano (1998)
editar datos en Wikidata ]

Montalbano esperta nun día escuro para ir ao funeral da esposa do seu superintendente. Para levalo conta como chofer co seu axente Gallo, a quen lle gusta conducir de forma apurada. Teñen un accidente e baten contra un Renault Twingo que estaba aparcado á beira, fronte a un chalé. Montalbano deixa unha nota no coche golpeado e van cara ao hospital e cara á vila onde ten lugar o funeral, se ben non chega a tempo. De regreso, Montalbano comproba que o coche golpeado segue no mesmo sitio e que a nota non foi recollida.

Montalbano estráñase. Logo dunha discusión por teléfono coa súa moza Livia, non é quen de durmir e érguese cara ao chalé para investigar. Alí descobre o cadáver espido dunha rapaza nova que morreu asasinada, afogada contra o colchón. Pídelle a unha amiga súa que faga unha chamada anónima para poder investigar o caso. Porén, por mor das loitas internas entre xuíces e policías, é apartado do caso.

O comisario que o substitúe na investigación mata un sospeitoso, e intenta inculpalo. Montalbano consegue facerlle chantaxe para que abandone o caso, e finalmente descobre que o asasino era o amante da rapaza, un traficante de antigüidades que quería facerse cun violín moi valioso.

Adaptacións

editar

A novela foi adaptada a un filme para televisión en 1999, con Luca Zingaretti interpretando a Montalbano.