La Unión (As Pontes de García Rodríguez)

La Unión foi un periódico que se editou nas Pontes de García Rodríguez entre 1913 e 1915.[1]

La Unión

Editar o valor em Wikidata
LocalidadeAs Pontes de García Rodríguez
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Periódico Independiente de Puentes de García Rodríguez, apareceu o 1 de outubro de 1913. Periódico quincenal que se publicaba os días 1 e 15 de cada mes coincidindo coas feiras da vila. Dirixido por Julio Illade Rilo. De liña monárquico conservadora, enfrontouse cos membros da corporación municipal, en especial co alcalde liberal Benito Cabaleiro Piñón e o secretario municipal Andrés F. Corral. Entre os seus colaboradores figuraron José Varela, César Cal, Jesús Cabarcos Cal e Gerardo Fanego, e dende Cuba Francisco Penabad e Daniel Suárez. Imprimíase nos obradoiros de El Correo Gallego de Ferrol. Aínda se publicaba en 1915.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Xosé María López Fernández (12 de marzo de 2007). "La Unión, Periódico Independiente de Puentes de García Rodríguez". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar