La Sortie de l'usine Lumière à Lyon

La Sortie de l'usine Lumière à Lyon é un filme francés mudo en branco e negro dirixido e producido por Louis Lumière que se estreou o 22 de marzo de 1895. A miúdo é referido como o primeiro filme da historia,[1] a pesar de que Roundhay Garden Scene de Louis Le Prince é sete anos anterior, é dicir de 1888.

A saída da fábrica de Lumière en Lión
Ficha técnica
Título orixinalLa Sortie de l'usine Lumière à Lyon
DirectorLouis Lumière
ProdutorLouis Lumière
FotografíaLouis Lumière
DistribuidoraLumière
Estrea1895
Duración46 segundos
Orixe Francia
Na rede
IMDB: tt0000010 Filmaffinity: 916392 Allocine: 8781 Allmovie: v526093 Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

O filme consiste nunha única escena na que os traballadores abandonan a fábrica dos Lumière. Os traballadores son na súa maioría mulleres que saen do edificio grande 25 rue St. Victor, Montplaisir nas arrabaldes de Lión, Francia, como se acabasen de rematar un día de traballo.

Existen tres versións distintas do filme, e hai numerosas diferenzas entre elas, como por exemplo o estilo de roupas que levan cambia, o cal é unha proba das diferentes estacións nas que foron rodadas. As versións son comunmente referidas como "un cabalo", "dous cabalos" e "sen cabalos", o cal fai referencia ó carro de cabalos que aparece nas dúas primeiras versións (tirado por un cabalo na orixinal e dous na segunda versión).[2]

Notas editar

  1. "Lumière". Microsoft Encarta Online Enciclopedia 2007. Arquivado dende o orixinal (HTML) o 25 de xaneiro de 2008. Consultado o 2007-03-18. 
  2. "Alternative titles" (HTML). Internet Movie Database. Consultado o 2007-03-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar