La República (1911)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: La República.
La República foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1911.
La República | |
---|---|
Localidade | Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarÓrgano do Partido Republicano de Santiago de Compostela, apareceu o 14 de outubro de 1911. Fundado por César Alvajar, estaba dirixido por Manuel de Pedre Prego. O redactor-xefe era Xaime Quintanilla Martínez, e os outros redactores o propio César Alvajar e Ramón Fernández Mato. Editábase na imprenta de El Eco de Arosa de Vilagarcía e a partir do número 6 pasou á imprenta viguesa de A. Fariña. Foi denunciado polo Fiscal Eclesiástico en novembro de 1911 por escarnio á Relixión e ao dogma católico,[1] sufriu rexistro e incautación de exemplares.[2]. Parece que cesou a súa publicación co número 8, que apareceu o 10 de decembro.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Pereira Martínez, Carlos (4/4/2017). "Un mestre republicano: Manuel de Pedre Prego" Terra e Tempo.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8.