La Regenta é unha novela en lingua castelá de Leopoldo Alas "Clarín", publicada en 1884. Está considerada unha das grandes novelas da literatura española.

La Regenta
Título orixinalLa Regenta
Autor/aLeopoldo Alas
OrixeEspaña
Lingualingua castelá
Xénero(s)novela naturalista
Data de pub.1884 e 1888
Na rede
BNE: XX3383561
editar datos en Wikidata ]
Escultura dedicada a «la Regenta» na Praza da Catedral de Oviedo.

Características

editar

Aspira a retratar en toda a súa complexidade unha cidade de provincias, Vetusta (nome tras o cal se esconde Oviedo) ao mesmo tempo asume a representación da sociedade española da Restauración.

Clarín somete a unha irónica crítica todos os estamentos da cidade: a aristocracia decadente, o clero corrupto, as damas hipócritas, os partidos políticos. Todo isto conforma unha atmosfera social asfixiante, opresiva, coa que choca a protagonista, Ana Ozores.

O seu temperamento sensible e soñador lévaa a refuxiarse no misticismo, pero o seu confesor, Fermín Pas, decepciónaa cando intenta aproveitarse dela. Cae entón en brazos de Álvaro Mesía, mediocre 'donjuán' co que vivirá unha relación amorosa que non resultará ser máis que un sucedáneo dos seus ideais románticos.

La Regenta é unha novela de acción lenta na que adquiren grande importancia as descricións da psicoloxía dos personaxes e dos ambientes.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar