La Razón (Barcelona)
A Razón foi un xornal editado en Barcelona entre 1928 e 1938.[1]
La Razón | |
---|---|
Tipo | xornal |
Nº de páxinas | 16 |
Fundación | 1928 |
Remata | 1938 |
Lingua | castelán |
Localidade | Barcelona |
Periodicidade | diaria |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria
editarFoi fundado en 1928. O diario, nacido durante a ditadura de Primo de Rivera, exerceu como órgano en Barcelona da Unión Patriótica e do réxime.[2] Trala caída da ditadura foi posto á venda,[3] e en marzo de 1931 a cabeceira foi adquirida por Confederación Nacional de Sindicatos Libres, que o converteron no seu órgano de expresión.[4] Trala instauración da Segunda República o diario seguiu editándose,[5] mantendo segundo Josep M. Figueres unha liña editorial próxima aos radicais de Lerroux.[1] Durante os primeiros tempos da República o diario estivo dirixido por José Bru Jardí.[5]
La Razón non se viu afectado polas incautacións ao comezo da Guerra civil e continuaría editándose polo menos até 1938.[6]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Figueres 2010.
- ↑ Checa Godoy 1989.
- ↑ Checa Godoy 1989, p. 187.
- ↑ Winston 2014, p. 272.
- ↑ 5,0 5,1 Checa Godoy 1989, p. 216.
- ↑ Figueres 2010, p. 92.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Checa Godoy, Antonio (1989). Prensa y partidos políticos durante la II República (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 84-7481-521-5.
- Figueres, Josep M. (2010). Periodisme en la guerra civil (en catalán). Abadia de Montserrat: Publicacions de l'Abadia de Montserrat. ISBN 978-8498833126.
- Winston, Colin M. (2014). Workers and the Right in Spain, 1900-1936 (en inglés). Princeton, NJ: Princeton Legacy Library. ISBN 0-691-05433-9.