La Quiniela
La Quiniela é o nome dun xogo de azar español, xestionado por Loterías y Apuestas del Estado, que se basea nos resultados dos partidos da liga española de fútbol.
Formato
editarA aposta realízase sobre 15 partidos, 14 máis o chamado "Pleno ao quince". Normalmente os partidos son todos os de Primeira División e algúns de Segunda, aínda que tamén hai xornadas nas que se pode apostar por partidos da Liga de Campións, a Copa do Rei ou partidos entre seleccións, entre outros.
Cada partido márcase cun signo para as apostas simples, podendo realizarse apostas de dous ou tres signos (dobres e triplas) para as apostas múltiples. Os signos permitidos son o 1 para apostar pola vitoria do equipo local, a X para apostar polo empate, ou o 2, para apostar pola vitoria do equipo visitante.
Premios
editarNa Quiniela, como noutros xogos de Loterías y Apuestas del Estado, destínase o 55% da recadación aos premios, distribuídos por categorías:
- Categoría especial: 14 acertos máis o Pleno ao quince: 12% da recadación
- 1ª Categoría: 14 acertos: 10% da recadación
- 2ª Categoría: 13 acertos: 8% da recadación
- 3ª Categoría: 12 acertos: 8% da recadación
- 4ª Categoría: 11 acertos: 8% da recadación
- 5ª Categoría: 10 acertos: 9% da recadación
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)