Quinigol

(Redirección desde «El Quinigol»)

Quinigol é un xogo de azar español xestionado por Loterías y Apuestas del Estado. Baséase nunha serie de partidos xogados por diversos equipos de fútbol, tanto clubs coma seleccións internacionais, nos que hai que acertar, cantos goles marcará cada equipo.

Logo

Regras e premios editar

Cada semana no boleto figurarán seis partidos diferentes cos nomes dos equipos que xogan. Cada aposta ten un prezo dun euro, e débese elixir cantos goles marcará cada equipo entre catro opcións diferentes: 0, 1, 2 e M, significando esta última 3 ou máis goles. Unha vez xogados todos os partidos, e sobre a base de cantos partidos se acertou o resultado exacto de ambos os dous equipos, establécense as seguintes categorías de premios, que se reparten o 55% da recadación:

  • 1ª Categoría: 6 partidos acertados, gañando o 10% da recadación máis posibles botes da semana ou semanas anteriores.
  • 2ª Categoría: 5 partidos acertados, gañando o 9% da recadación.
  • 3ª Categoría: 4 partidos acertados, gañando o 8% da recadación.
  • 4ª Categoría: 3 partidos acertados, gañando o 7% da recadación.
  • 5ª Categoría: 2 partidos acertados, gañando o 20% da recadación.

En caso de varios acertantes nunha mesma categoría, repartiranse a partes iguais o total da recadación que lles corresponda. En caso de non haber acertantes de primeira categoría, o premio acumularíase como bote para a seguinte xornada. Se non houbese acertantes de segunda, o seu premio engrosaria a terceira categoría. Se tampouco houbese de terceira, o premio acumularíase na cuarta, e se na cuarta tampouco, o premio pasaría á quinta. No caso de que tampouco houbese acertantes de quinta categoría, todo o montante de premios pasaría ao bote da xogada seguinte.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar