La España Moderna

Revista cultural española (1889-1914)

La España Moderna foi unha revista cultural editada na cidade española de Madrid que comezou a súa andaina o 1 de xaneiro de 1889 e rematou en decembro de 1914.[1]

La España Moderna
PaísEspaña
Lugar de publicaciónMadrid
Lingualingua castelá
Fundación1889
FundadorJosé Lázaro Galdiano
Primeira edición1889
Última edición1914
Circulación
ISSN1697-4514
OCLC5972267
Na rede
HemBNE: 0002220089 HemBNE: 2160137 BVPH: 8054
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A revista foi publicada de 1889 a 1914 pola editorial do mesmo nome, sendo propietario e fundador de ámbalas dúas José Lázaro Galdiano.[2] A súa posta en marcha foi avalada por Emilia Pardo Bazán,[3] quen axudou a Lázaro Galdiano a lanzar e promocionar a revista e buscar colaboradores nos inicios desta.[4]

Tivo varios subtítulos como "Revista Íbero-americana", a partir do número 7, ou tamén "Revista de España" dende o 1 de xaneiro de 1894.[1]

Foi cualificada por varios autores como unha especie de versión española da revista francesa Revue deas deux mondes.[5][6][7] Actuou como unha plataforma publicitaria da propia editorial, pois contiña a miúdo comentarios de libros e novidades publicadas por esta.[8]

En La España Moderna, abordárase xa daquela a denominada «cuestión feminina»,[9] e foron colaboradores autores como Rafael Altamira, Augusto Martínez Olmedilla, Miguel de Unamuno, Emilia Pardo Bazán,[3] Benito Pérez Galdós, Leopoldo Alas Clarín, Marcelino Menéndez Pelayo,[1] Pedro Dorado Montero,[10] Adolfo Posada ou Concepción Arenal.[11]

Nas súas páxinas apareceron traducidos textos de Tolstoi e de Ibsen e tamén publicou, en 1895, a obra de Unamuno, En torno al casticismo.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Camoira (2020), p. 25
  2. Thion Soriano-Mollá 2010, p. 107.
  3. 3,0 3,1 Ayala & Ramos Altamira 2012, p. 17.
  4. Asún Escartín 1982, pp. 140-141.
  5. Asún Escartín 1982, p. 136.
  6. Thion Soriano-Mollá 2010, p. 108.
  7. Unamuno 1997, p. 167.
  8. Thion Soriano-Mollá 2010, p. 109.
  9. Davies 2012, pp. 61-85.
  10. Asún Escartín 1982, pp. 135-136.
  11. Davies 2012, p. 64.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Camoira Vega, César (2000). "Presenza galega nalgunhas publicacións de Madrid e Catalunya". Lucensia. (en castelán) XXXI (61): 15–32. ISSN 1130-6831. 
  • Asún Escartín, Raquel (1981-1982). "La editorial "La España Moderna". Archivum: Revista de la Facultad de Filología (en castelán) XXXI (31-32): 133–200. ISSN 0570-7218. 
  • Ayala, María de los Ángeles; Ramos Altamira, Javier (2012). Rafael Altamira, José Lázaro Galdiano y la España Moderna, 1889-1905 (en castelán). Alacant: Universidad de Alicante. ISBN 9788497172042. 
  • Davies, Rhian (2012). ""La cuestión femenina" and "La España Moderna" (1889-1914)". Bulletin of Spanish Studies: Hispanic Studies and Research on Spain, Portugal and Latin America (en inglés) 1 (89): 61–85. ISSN 1475-3820. doi:10.1080/14753820.2012.646811. 
  • Thion Soriano-Mollá, Dolores (2010). "Un agente intercultural avant la lettre: José Lázaro Galdiano". En Giné, Marta; Hibb, Solange. Traducción y cultura: la literatura traducida en la prensa hispánica (1868-98) (en castelán). Berna: Peter Lang. pp. 107–124. ISBN 9783034303668. 
  • Unamuno, Miguel de (1997). Ouimette, Víctor, ed. De patriotismo espiritual. Artículos en "La Nación" de Buenos Aires (1901-1914) (en castelán). Salamanca: Universidad de Salamanca. ISBN 9788474818802.