LU-12

autovía urbana desde Vilamoure (A-54) ata Esperante (N-540)


A estrada LU-12 é unha autovía de 3,6 km situada no Concello de Lugo, creada para enlazar a autovía A-54 (Santiago de Compostela-Lugo) e a LU-612 (estrada de Portomarín) coa N-540[1][2] na Glorieta de Esperante, amais de dar acceso á zona das Arieiras e conexión directa con autovía para o Hotel Santiago & Spa e a urbazicación Bella Vista.

Características editar

Consta de dous carrís por cada sentido, ambos os dous limitados a   km/h e con 3,5 m de ancho por cada carril, beiravías interiores de 1 m e beiravías exteriores de 2,5 m, e unha mediana de Barreras New Jersey.

O Ministerio de Fomento investiu 18,3 millóns de euros, dos cales 11,5 corresponden á inversión en obra, 6,2 ás expropiacions e 0,6 aos contratos de asistencias técnicas do proyecto e control e vixilancia.

Iniciouse un proceso para a restauración das pérdidas medioambientais. No proceso de preparación do terreo para comezar as obras talaronse máis de 4000 árbores autóctonas, repostas a posteriori. Ademais instaláronse barreiras por todo o percorrido para reducir o impacto acústico da estrada. Todas estas labores de restauración ambiental costaron aproximadamente 280 000 €, os cales no entran no presuposto inicial de 18,3 millóns de euros.

Notas editar