LOFAR, acrónimo de Low Frequency ARray, é un radiotelescopio empregado en astronomía. Trátase dun ambicioso proxecto consistente en construír un array interferométrico distribuído ao longo dos Países Baixos e o norte de Alemaña, cunha área efectiva total de até 1 quilómetro cadrado.

Prototipos de antenas LOFAR.

Obxectivo editar

A misión do LOFAR consiste en sondear o universo con frecuencias de radio desde ~10 – 240 MHz con maior resolución e sensibilidade que outras investigacións de sondaxes anteriores, coma a 7C e a 8C, e as sondaxes do Very Large Array (VLA) e mais o Giant Meterwave Radio Telescope (GMRT).

O 26 de abril de 2005, un superordenador IBM Blue Gene-L foi instalado no centro matemático da Universidade de Groningen para procesar os datos producidos polo LOFAR. Este supercomputador converteuse no máis poderoso de Europa segundo a listaxe TOP500.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar