Os Látidos ou percas (Latidae) son unha familia de peixes mariños ou de río, incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por ríos de África e polos océanos Índico e Pacífico.

Moitas especies desta familia teñen unha notable importancia pesqueira e comercial, e foron introducidas en ríos e lagos fóra das súas áreas nativas para fornecer a pesca deportiva. En particular, a perca do Nilo compórtase como un fero depredador, polo que a súa introdución nalgúns ecosistemas acuáticos provocou a extinción de moitas outras especies autóctonas.

Clasificación editar

 
Perca do Nilo (Lates niloticus)

Ata o ano 2004 as especies desta familia estaban encadradas na familia Centropomidae, pero a raíz dos estudos que demostraron que no estaban emparentadas con esta familia creouse a familia Latidae.

Clasificación editar

 
Filetes de perca do Nilo expostos á venda

Comprende tres xéneros:

  • Xénero Hypopterus (Gill, 1861)
  • Xénero Lates (Cuvier en "Cuvier y Valenciennes", 1828)
    • dentro deste xénbero, o Lates niloticus (Linnaeus, 1758) ou perca do Nilo.
  • Xénero Psammoperca (Richardson, 1848)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar