Lámina

páxina de homónimos

Unha lámina (do latín lamìna, -ae, lámina, xeralmente de metal) é un corpo que ten un espesor pequeno comparado coas outras dúas dimensións:

  1. En construción, unha lámina é un elemento estrutural que xeometricamente é unha superficie, chamada superficie media, á que se engade un certo espesor, de tal xeito que este espesor sexa pequeno comparado coas dimensións da lámina e á súa vez pequena comparada cos radios de curvatura da superficie.
  2. Ferro de cobre ou doutro metal na cal está gravado un debuxo para estampalo.
  3. Figura trasladada ao papel ou outra materia.
  4. Pintura feita en cobre.
  5. Unha lámina lítica é un produto de lascado.
  6. Porción de calquera materia estendida e de pouco grosor.
  7. Parte ensanchada das follas, pétalos e sépalos.
  8. Parte delgada e plana dos ósos, cartilaxes, tecidos e membranas dos seres orgánicos.
  9. En anatomía, lámina tarsal é un sinónimo de tarso.
  10. En histoloxía, a lámina basal adoita confundirse coa membrana basal, pero en realidade forma parte dela, xunto á lámina reticular.