L'Anguleru (en asturleonés, o anguleiro ou pescador de angulas) é unha personaxe de ficción da cultura popular asturiana que se encarga de traer agasallos aos nenos do Principado na Noiteboa.

Anguleru repartindo agasallos a bordo da súa chalana.

De acordo co imaxinario popular, l'Anguleru habita durante todo o ano no Mar dos Argazos, preto do triángulo das Bermudas, cuidando anguías e meixóns até que arriba no inverno a Asturias na súa chalana, denominada L'Angulina, a noite do 24 de decembro. Esa noite, mentres os nenos celebran a Noiteboa, adícase a pescar meixóns para vendelas logo na lonxa e así poder mercar agasallos para os cativos e cativas de Asturias cos cartos que gañase.

O Anguleru entra en Asturias polo río Nalón.[1]

Orixe editar

L'Anguleru é unha criatura creada pola asociación Garabuxada no ano 2008[2], na localidade de Soto do Barco, coa intención de potenciar un Nadal máis achegado á tradición asturiana. O feito de escolleren un pescador de meixóns radica en que este era unha das profesións máis caracterísiticas da sociedade asturiana e da poboación de Soto do Barco, xa que a pesca de meixóns estivo tradicionalmente ligada a boa parte da Mariña asturiana. Desde 2008, atópase nun proceso de consolidaciión por tratarse dunha figura estimuladora para a aprendizaxe da lingua asturiana nas xeracións máis novas.

L'Anguleru, así pois, non tería orixe mitolóxica ningunha, senón que sería unha personaxe creada artificialmente para promover e potenciar a cultura asturiana.[3] Porén, si que se tiña constancia de personaxes que repartisen regalos no inverno, sobre todo durante as Mazcaradas.[4][5]

Notas editar

  1. Guardado, Pablo R. Asturies.com, ed. "L'Anguleru". Consultado o 13 de maio de 2016. 
  2. Asociación Cultural "Garabuxada"
  3. [...]L’etnógrafu asturianu Alberto Álvarez Peña caltién que nun esistiría nengún personaxe mitolóxicu, nin na nuesa comunidá autónoma nin fuera d’ella, que reparta regalos per Navidá.[...] Entrevista ao mestre Víctor Raúl Pintado Rey "Vitu" Asturies.com
  4. Alberto Álvarez Peña. Notes sobre l'antigua Navidá o solsticiu d'iviernu: Audoeno de Rúan; "Naide nes calendes de xineru [...] disfrácese de vaca, de venáu o d'otru animal, nin tenga puesta la mesa pela nueche, nin reparta regalos nin s'abandone a la borrachera [...]
  5. As Mazcaradas de Inverno, ou Mazcaraes d'iviernu, son unha festa popular pagá típica de Asturias.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar