Kurustama

Kurustama foi unha cidade hitita que foi incluída nun tratado firmado entre Tudhaliyas II e Amenhotep II de Exipto, segundo o cal os habitantes da cidade eran establecidos en territorio exipcio. Probabelmente estaba situada ao leste de Kanish.

HistoriaEditar

É posíbel que a poboación desta cidade non fose plenamente hitita. Sobre o -1300 aparece aliada aos kaskas, que se achegaran á zona, e aínda que é posíbel que fose conquistada, o máis probábel é que fose unha alianza debida á composición social e étnica da cidade. Coa axuda kaska, as milicias da cidade atacaron ás cidade hititas das inmediacións. Muwatallis II refusou facer campaña na zona e deixou o traballo en mans do seu irmán Hattusilis, ao que nomeara rei vasalo de Hakpis.