Kupon ou Kupon 1 foi un satélite de comunicacións ruso lanzado o 12 de novembro de 1997 mediante un foguete Proton K/DM-2M desde o cosmódromo de Baikonur.[2][5][6]

Kupon
TipoComunicacións
Destino actualEn órbita da Terra.[1]
Data de lanzamento12 de novembro de 1997, 17:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorProton K/DM-2M[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Obxectivo da misiónSatélite de comunicacións.[2][6]
NSSDC ID1997-070A
Masa2500,0 kg[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior42.174 km[1]
Inclinación14,6º[1]
Apoapse35.818,9 km[1]
Periapse35.788,1 km[1]

Características editar

Kupon foi un satélite de comunicacións desenvolvido orixinalmente por Lavochkin para ser parte da terceira xeración do sistema de comunicacións militar ruso. O proxecto foi cancelado coa caída da Unión Soviética, co que Kupon foi o primeiro e último membro do sistema. O satélite foi adquirido polo Banco Central da Federación Rusa para transmitir datos á rede bancaria do país.[2][5][6]

O satélite tiña unha grilla de antenas que alimentaban 16 transpondedores en banda Ku, capaces de manexar 10.000 transaccións simultáneas. O deseño do satélite derivábase do dos satélites US-KMO de aviso temperán.[2][5][6]

Uns días despois do lanzamento o satélite comezou a sufrir problemas, fallando completamente en marzo de 1998 debido a un fallo da computadora ou do sistema de control de actitude.[2][5][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "KUPON" (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (14 de maio de 2020). "Kupon" (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  3. "Note verbale dated 23 June 1998 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54616(E)). 30 de xuño de 1998: 2. Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2020). "Kupon" (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Kupon 1" (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2020). "Kupon" (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar