Kraken Mare é o lago máis grande na superficie da lúa de Saturno, Titán. Foi descuberto pola sonda Cassini no 2007 e recibiu o nome de Kraken, o lendario monstro mariño da mitoloxía nórdica.[2]

Kraken Mare
Unha imaxe de radar de apertura sintética (arriba) superposta sobre outra no feita no espectro visible da rexión polar norte de Titán que amosa en toda a súa extensión o Kraken Mare.
Tipo de accidente xeolóxico Mare
Accidente xeolóxico de Titán
Diámetro 1.170 km
Superficie 400.000 km2[1]
Coordenadas 68° N 310° O
Procedencia do nome Kraken, un lendario monstro mariño.
Reflexo especular da rexión do Kraken Mare, detectada pola sonda Cassini o 8 de xullo do 2009

Con case toda seguridade Kraken Mare é o lago máis grande da rexión do polo norte de Titán, xa que conta con preto de 400.000 km2 (cinco veces máis có lago Superior de Norte América e un pouco máis có Mar Caspio, o lago máis grande da Terra) e a superficie total das áreas escuras que moi posiblemente sexan lagos non sería moi superior nestas estimacións (baseadas nas imaxes obtidas por radar) aos 510.000 km2 (un 40% máis de tamaño có Mar Caspio), polo cal este lago sería con moito o máis grande dos lagos da rexión do polo norte de Titán.[1]

O seu status coma mar de hidrocarburos foi confirmado polas imaxes e datos obtidos por radar. Só unha porción do mar escaneada por radar, pero coma se pode ver na imaxe da caixa de información, o seu tamaño e moito máis grande, coma así reflicte a imaxe de fondo feita no espectro visible.

Unha illa existente neste mar recibiu o nome de Mayda Insula.

Coma parte do proxecto da Titan Saturn System Mission, propúxose que esta sonda probase amarar no Kraken Mare para analiza-la súa composición, profundidade e outras moitas propiedades.

Imaxe dos lagos do polo norte de Titán. Pódese ver completo e cara á esquina inferior dereita o Ligeia Mare, á súa esquerda e atravesado por unha parte do mapa en branco, pódese ve-lo Kraken Mare coa súa grande illa do norte, a Mayda Insula; máis o norte (case sobre o polo) vese parte do Punga Mare.
  1. 1,0 1,1 JPL (ed.). "Cassini Finds Hydrocarbon Rains May Fill Titan Lakes" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29/06/2010. Consultado o 22/04/2010. 
  2. Gazetteer of Planetary Nomenclature (ed.). "Titan: Kraken Mare" (en inglés). Consultado o 03-09-2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar