Kostolac

vila e municipio en Požarevac, Serbia

Kostolac (en cirílico: Костолац; latinizado:Kostolac; en romanés: Caştelu) é unha vila de Serbia localizada ás marxes do Danubio e un dos dous municipios que forman a cidade de Požarevac, pertencente ao distrito de Braničevo, na rexión de Stig. A súa poboación era de 9.313 habitantes segundo o censo de 2002. Kostolac é o centro da área de Stig e ten minas de carbón e centrais térmicas.

Modelo:Xeografía políticaKostolac
Imaxe

Localización
Mapa
 44°43′N 21°10′L / 44.72, 21.17
EstadoSerbia
Distritos da Sérvia (pt) TraducirBraničevo (pt) Traducir
Município da Sérvia (pt) TraducirPožarevac City (en) Traducir
City municipality (en) TraducirKostolac City Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Xeografía
Altitude69 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal12208 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico012 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

En xuño de 2009, descubriuse un esqueleto de mamut de 1,5 millóns de anos no xacemento de Viminacium.[1][2]

 
Restos do anfiteatro de Vinimacium

Crese que as tribos de Autariatae e Scordisci fundíronse nunha nesta zona despois do 313 a.C., xa que as escavacións mostran que os dous grupos fixeron enterramentos no mesmo campo de sepultura exacto en Pecine, preto de Kostolac. Nove tumbas de Autariatae datadas no século IV a.C. e tumbas autarias e celtas dispersas ao redor das fosas anteriores mostran que os dous grupos chegaron a se mesturaren e isto provocou que o baixo val de Morava se convertese nunha zona de interacción celto-tracio-ilírico. Durante as invasións celtas de Grecia no 279 a.C. formouse o grupo subcéltico dos escordiscos que, segundo Estrabón, derrotarían e empurrarían aos poderosos tribalianos cara aos xetas. O dominio das distintas rexións da actual Serbia polos scordici rematou gradualmente coa conquista romana dos Balcáns no século I.

Viminacium, unha cidade importante da provincia romana de Moesia, e a capital de Moesia Superior estaba situada a 3 km ao leste do centro actual, na área de Stari Kostolac (o antigo Kostolac).[3] Viminacium foi o campo base da Legio VII Claudia e acolleu durante algún tempo a IV Flavia Felix. Foi destruído no 440 polos hunos, pero reconstruída por Xustiniano I. Durante as campañas dos Balcáns do emperador Mauricio, Viminacium foi invadida polos ávaros e eslavos no 584[3] pero a partir do 600, o imperio bizantino pasou á ofensiva e consguíu unha esmagadora derrota das forzas ávaras na beira norte do Danubio, destruíndo a súa reputación de invencibilidade.[3]

Đorđe Vajfert abriu minas de carbón en Kostolac. Durante a Segunda guerra mundial, os alemáns construíron a primeira central eléctrica "Mali Kostolac" ("pequena Kostolac"). Despois da guerra, xentes de todas partes chegaron a construíla.

Demografía

editar

Segundo o censo de 2002, na cidade, aparecen os seguintes grupos étnicos: serbios (6.913), xitanos (1.756) e outros.

Evolución demográfica
1948 1953 1961 1971 1981 1991 2002 2011
2 946 4 332 4 981 6 678 9 274 10 365 9 313 9 264

Economía

editar

Kostolac ten dúas centrais térmicas:

  • TPP "Kostolac A" - con 2 bloques - capacidade total dispoñible: 281 MW e produción de 716 GWh
  • TPP "Kostolac B" - con 2 bloques - capacidade total dispoñible: 640 MW e produción de 3027 GWh

Estas dúas centrais eléctricas representan o 11% da produción eléctrica total de Serbia.

Turismo

editar

Nas proximidades de Kostolac está o lugar arqueolóxico de Viminacium, unha cidade do Imperio Romano con rúas, luxosas vilas, baños e un anfiteatro, recentemente aberto ao público.

 
Mapa do territorio do concello da cidade de Kostolac, cos límites dos lugares poboados e os límites dos municipios circundantes; os límites non confirmados dos municipios catastrais móstranse cunha liña descontinua.

Asentamentos

editar

Ademais da cidade de Kostola, o concello consta dos seguintes asentamentos:

  • Klenovnik
  • Ostrovo
  • Petka
  • Selo Kostolac
  1. SUBAŠIĆ, B. (12 de xuño de 2012). "Kostolac - prvo groblje mamuta u svetu!". novosti.rs (en serbio). Consultado o 3 de marzo de 2021. 
  2. Von Thomas, Roser (6 de setembro de 2009). "Mächtiges fossiles Mammut in Serbien entdeckt". welt.de (en alemán). Consultado o 3 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Viminacium Ancient City and Military Camp". viminacium.org.rs (en inglés). Consultado o 3 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar