Koovee
O Koovee é un club polideportivo da cidade de Tampere, Finlandia. O club foi fundado en 1929.
Historia
editarO Koovee fundouse o 24 de outubro de 1929, e nunha semana xa contaba con 150 persoas asociadas, cunha importante presenza feminina para a época cun 40 mulleres socias. Os primeiros éxitos do novo club non tardaron en chegar, e dúas semanas despois da súa fundación o loitador Matti Nurmi gañou os torneos de loita libre en Jämsä.[1]
En 1935 o Koovee era o segundo club máis grande da cidade de Tampere con 964 e membros, só superado polo Tampereen Pyrintö, que conntaba con 1 035.[2]
Seccións
editarNotas
editar- ↑ "Historia" (en finés). koovee.fi. Consultado o 25 de febreiro de 2024.
- ↑ Alvalahti, Markus. "Urheiluelämä Tampereella 1918-1940" (en finés). Koskesta voimaa. Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2022. Consultado o 25 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Koovee |
Ligazóns externas
editar- Sitio web do club (en finés)