Kong Kristian stod ved højen mast

(Redirección desde «Kong Christian stod ved højen mast»)

Kong Kristian stod ved højen mast (do dinamarqués: O Rei Cristian estaba no mastro maior) é o himno real de Dinamarca. Ten o status de himno nacional xunto con Der er et yndigt land, aínda que este está case exclusivamente relacionado co Casa Real Dinamarquesa e o Exército.

Kong Kristian stod ved højen mast (instrumental).

Tradición editar

Na noite de Aninovo é tradicional ver pola televisión ao Coro de Rapazas da Radio Dinamarquesa interpretalo inmediatamente despois da media noite. Habitualmente só se canta a primeira estrofa en actos oficiais. Adoptado en 1780, é un dos himnos nacionais máis antigos do mundo.

A letra refírese ao rei danés Cristian IV (1577-1648), quen mantivo encarnizadas guerras contra ingleses e suecos, en especial con estes últimos, perdendo un ollo nunha batalla naval xunto ao mastro maior. Na letra tamén se fala de Niels Juel (1629-1697), que foi un heroe naval de Dinamarca, almirante da armada danesa, que obtivo grandes vitorias neste campo contra os suecos nas guerras daneso-suecas en tempos de Federico III e de Peter Wessel, outro heroe da aramada, que se lle puxo o alcume de Tordenskjold, que significa "Escudo dos tronos". Obtivo grandes vitorias tamén contra os suecos e os ingleses, como a batalla do estreito de Skagerrak, da cal se fala nesa estrofa do himno. Tanto Niels Juel como Tordenskjold naceron en Noruega, que naquela época era danesa.

Letra editar

"Kong Kristian stod ved højen mast" "O Rei Cristian estaba no mastro maior"
Kong Kristian stod ved højen mast
i røg og damp.
Hans værge hamrede så fast,
at gotens hjelm og hjerne brast.
Da sank hvert fjendtligt spejl og mast
i røg og damp.
Fly, skreg de, fly, hvad flygte kan!
hvo står for Danmarks Kristian,
hvo står for Danmarks Kristian, i kamp?
Niels Juel gav agt på stormens brag:
Nu er det tid!
Han hejsede det røde flag
og slog på fjenden slag i slag.
Da skreg de højt blandt stormens brag:
Nu er det tid!
Fly, skreg de, hver, som ved et skjul!
hvo kan bestå mod Danmarks Juel,
hvo kan bestå mod Danmarks Juel, i strid?
O, Nordhav! glimt af Wessel brød
din mørke sky.
Da ty'de kæmper til dit skød,
thi med ham lynte skræk og død.
Fra valen hørtes vrål, som brød
den tykke sky:
Fra Danmark lyner Tordenskjold!
Hver give sig i himlens vold
hver give sig i himlens vold, og fly!
Du danskes vej til ros og magt,
sortladne hav!
Modtag din ven, som uforsagt
tør møde faren med foragt,
så stolt som du mod stormens magt,
sortladne hav!
Og rask igennem larm og spil
og kamp og sejer før mig til,
og kamp og sejer før mig til, min grav!
O Rei Kristian estaba no mastro maior
entre fume e vapor.
A súa armada golpeaba con tanta forza,
que helmo e cerebro do godo esborrallados caeron.
Alí afundiuse todo espello de popa e mastro inimigo
entre fume e vapor.
Fuxide, berraban, fuxide, todo o que fuxir poida!
quen ousa interporse ante Cristian de Dinamarca?,
quen ousa interporse ante Cristian de Dinamarca en loita?
Niels Juel advertiu ante o estrondo da tormenta:
Chegou a hora!
Izou a bandeira vermella
e venceu ao inimigo batalla tras batalla.
Alí berraron alto entre o estrondo da tormenta:
Chegou a hora!
Fuxide, berraban, cada un, como se dun agocho se tratara!
quen pode resistir ante Juel de Dinamarca,
quen pode resistir ante Juel de Dinamarca, en combate?
Oh, Mar do Norte! o lampo de Wessel desfixo
a túa néboa escura.
Alí reagrupáronse xigantes das batallas no teu colo,
para con el infundir terror e morte.
Do fragor da batalla escoitáronse voces, que desfixeron
a densa néboa:
Dende Dinamarca trona Tordenskjold!
Grazas ao poder celestial,
grazas ao poder celestial, e a fuxida!
Ti que es o camiño dos dinamarqueses para o poder e a gloria,
mar ennegrecido!
Recibe ao teu amigo que, sempre intrépido
se atreve a enfrontarse ao perigo con desprezo,
tan orgulloso ao igual que ti contra o poder da tormenta,
mar ennegrecido!
E veloz a través de estrondo e poleas
e a loita e triunfo lévame,
e a loita e triunfo lévame, até o meu cadaleito!

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar