Kompas (Kompleksniy Orbital'niy Magnito-Plazmenniy Avtonomniy Sputnik) ou Compass (Complex Orbital Magneto-Plasma Autonomous Small Satellite) foi unha serie de dous satélites artificiais rusos.[1][2]

Características editar

Os dous satélites Kompas tiñan unha masa de 80 kg e o seu obxectivo era intentar medir os efectos dos desprazamentos tectónicos e a busca de respostas litosféricas, atmosféricas e ionosféricas á actividade sísmica. Os resultados poderían ter axudado a predicir sismos e detectar recursos naturais como gas e petróleo.[1][2]

Kompas 1 foi lanzado o 10 de decembro de 2001 mediante un foguete Zenit 2, mentres que Kompas 2 lanzouse o 26 de maio de 2006 mediante un foguete Shtil 1. Un terceiro satélite, Kompas 2N, foi finalmente cancelado.[1][2]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
Kompas 1 10 de decembro de 2001 Zenit 2 Éxito
Kompas 2 26 de maio de 2006 Shtil 1 Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2023). "Kompas" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Kompas (Compass)" (en inglés). Consultado o 1 de xuño de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar