Klubi Sportiv Vllaznia Shkodër
O Klubi Sportiv Vllaznia Shkodër, máis coñecido internacionalmente como KS Vllaznia, é un club de fútbol de Albania, da cidade de Shkodër. O seu estadio é o Loro-Boriçi.
Historia editar
Foi fundado o 16 de febreiro de 1919 co nome de KS Bashkimi Shkodër, polo que é o club máis antigo de Albania. Dez anos despois sería renomeado como Bashkimi Shkodran e no ano 1935 como KS Vllaznia Shkodër, en 1950 KS Shkodër e un ano despois como Puna Shkodër. No ano 1958 adoptaría por segunda e definitiva vez o seu nome actual Klubi Sportiv Vllaznia Shkodër.
Na tempada 1978-79 acadaría o seu maior éxito internacional, ao participar na Copa de Europa, na que foi eliminado en dazaseisavos de final ante o FK Austria Viena pese a gañar o partido de ida por 2-0 ao perder a volta cun contundente 1-4.
Equipamento editar
- Titular: Camiseta vermella con liñas verticais azuis con pantalón e medias vermellas.
- Suplente: Camiseta, pantalón e medias azuis.
Palmarés editar
- Liga de Albania (9): 1945, 1946, 1971-72, 1973-74, 1977-78, 1982-83, 1991-92, 1997-98, 2000-01
- Copa de Albania (6): 1964-65, 1971-72, 1978-79, 1980-81, 1986-87, 2007-08
- Supercopa de Albania (2): 1998, 2001
- Campión da Segunda División de Albania (2): 1957, 1962
Adestradores editar
- Ulrich Schulze (2006)
- Mirel Josa (2006–2008)
- Agim Canaj (2008–2009)
- Hasan Lika (2009)
- Roland Luçi (2009)
- Edi Martini (2009–2010)
- Mojaš Radonjić (2010)
- Mirel Josa (2010–2011)
- Elvis Plori (2011)
- Rudi Vata (2011–2012)
- Armir Grimaj (2012)
- Shpëtim Duro (2012–2013)
- Artan Bushati (2013)
- Agim Canaj (2013–2014)
- Samuel Nikaj (2014)
- Derviš Hadžiosmanović (2014)