Kluane/Wrangell-St Elias/Baía dos Glaciares/Tatshenshini-Alsek
Kluane/Wrangell-St Elias/Baía dos Glaciares/Tatshenshini-Alsek é un sistema de parque internacional que se atopa no Canadá e nos Estados Unidos, na fronteira de Yukón, Alasca e a Columbia Británica. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979 polas espectaculares paisaxes de glaciares e campos de xeo, así como pola importancia da fauna de oso grizzly, caribú e Ovis dalli.[1] A área total do sitio é de 98 391,21 km².
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Estados Unidos de América | |||
Estado federado | Alasca | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 9.839.121 ha | |||
Datos históricos | ||||
Evento clave | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → Europa-América do Norte | |||
Data | 1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (viii), (ix) e (x) | |||
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade | 1992 1994 | |||
Identificador | 72 | |||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 2018 | |||
É o fogar dunha serie de formas de relevo notables, incluíndo: o campo de xeo non polar máis grande do mundo;[1] o glaciar de piemonte máis grande do mundo, o glaciar Malaspina; o glaciar do val interior máis longo do mundo, o glaciar Nabesna; así como o pico máis alto do Canadá e o segundo pico máis alto de América do Norte, o Monte Logan, con 5.959 m.
Sistema de parques
editarO sistema internacional comprende parques situados en dous países e tres rexións administrativas:
- Parque Nacional e Reserva de Kluane (Canadá)
- Parque Nacional e Reserva de Wrangell–St. Elias (Estados Unidos)
- Parque Nacional e Reserva da Baía dos Glaciares (Estados Unidos)
- Parque Provincial de Tatshenshini-Alsek (parque provincial, Columbia Británica, Canadá)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Unesco World Heritage Site (1994). "Kluane / Wrangell-St Elias / Glacier Bay / Tatshenshini-Alsek". Consultado o 11 de maio de 2007.