Klara Dan von Neumann

pioneira da informática

Klára (Klari) Dán Von Neumann, nada en Budapest o 18 de agosto de 1911 e finada en San Diego, o 10 de novembro de 1963, foi unha científica estadounidense pioneira na programación. [1] [2] [3]

Klara Dan von Neumann
Nome completoKlára Dán von Neumann
Nacemento18 de agosto de 1911
Lugar de nacementoBudapest
Falecemento10 de novembro de 1963
Lugar de falecementoSan Diego, California
Causaafogamento
NacionalidadeHungría
Alma máterVeres Palne High School
Ocupacióninformática teórica, enxeñeira, patinadora artística sobre xeo, matemática e inventora
CónxuxeJohn von Neumann e Carl Eckart
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Era filla de Károly - Karl Dán e Camila Stadler. [4][5] O seu pai servira anteriormente no exército austrohúngaro como oficial durante a primeira guerra mundial, e trasladáronse a Viena para escapar de Béla Kun. Non volveron a Hungría ata que o réxime foi derrocado. A súa familia era rica e adoitaba organizar festas nas que Dán podía coñecer a moita xente de diferentes ámbitos.

Aos 14 anos, foi campioa nacional de patinaxe artística, [5] e foi enviada a Inglaterra para estudar nun internado pouco despois.

Morreu en 1963 en circunstancias misteriosas: despois de abandonar unha festa en homenaxe á gañadora do Premio Nobel Maria Goeppert-Mayer, conduciu desde a súa casa ata a praia e morreu afogado. O seu cadáver foi atopado na praia de La Jolla . [6] A policía considerou a súa morte como un suicidio. [5]

CarreiraEditar

Dán foi unha das primeiras programadoras do mundo e axudou a resolver problemas matemáticos mediante código informático. [7]

Escribiu o código usado na máquina MANIAC I desenvolvida por John von Neumann e Julian Bigelow no Laboratorio Nacional de Los Alamos.[8] Tamén participou no deseño de novos controis para a ENIAC e foi unha das súas principais programadoras. [9] [10]

Ensinoulles aos científicos daquela temperá idade a programar. [11] Escribiu o prefacio das influentes Silliman Lectures de John von Neumann, publicadas póstumamente e posteriormente editadas e publicadas pola Yale University Press como "The Computer and the Brain" . [12] [13]

Aparece como unha figura relevante no libro de historia da computación "Turing's Cathedral: The Origins of the Digital Universe" de George Dyson . [5]

NotasEditar

  1. Marta Macho Stadler (6 de xaneiro de 2021). "Klára Dán Von Neumann, desconocida pionera de la programación". Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  2. Cristina Sánchez (21 de outubro de 2017). "Klara von Neumann: la programadora pionera que fue olvidada por la historia". El Confidencial. 
  3. Gutenberg, Project. "| Project Gutenberg Self-Publishing - eBooks | Read eBooks online". Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  4. Chen, J with Su-I Lu, and Dan Vekhter. "Von Neumann and the Development of Game Theory". Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Dyson, George, 1953-. Turing's cathedral : the origins of the digital universe (First Vintage books edition ed.). ISBN 978-1-4000-7599-7. OCLC 843124457. Consultado o 2021-01-26. 
  6. Ulam, S. M. (1991). Adventures of a Mathematician (en inglés). University of California Press. ISBN 9780520910553. Consultado o 13 de junio de 2017. 
  7. "John von Neumann: The Father of the Modern Computer". 
  8. "Q&A: Hacker Historian George Dyson Sits Down With Wired’s Kevin Kelly". Wired. 
  9. Coyle, Karen. "Turing's Cathedral, or Women Disappear". Karen Coyle. Consultado o 8 de diciembre de 2013. 
  10. Andrieu, Christophe; de Freitas, Nando; Doucet, Arnaud; Jordan, Michael I. (2003). "An Introduction to MCMC for Machine Learning" (PDF) 50 (1/2): 5–43. doi:10.1023/A:1020281327116. 
  11. A Vast Machine: Computer Models, Climate Data, and the Politics of Global Warming. The MIT Press. 2010. ISBN 978-0262013925. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de junio de 2017. 
  12. von Neumann, Klara. "Preface, Von Neumann Silliman lectures". School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews Scotland. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  13. The computer and the brain (2nd ed.). New Haven, Conn. [u.a.]: Yale Nota Bene. 2000. ISBN 9780300084733. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Dyson, G., La catedral de Turing: Los orígenes del universo digital, Debate 2015. ISBN 9788499922508 .