King's Mouth: Music and Songs é o décimo quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock experimental The Flaming Lips, publicado inicialmente o 13 de abril de 2019 (no Record Store Day) como unha edición limitada de 4 000 copias, e comercialmente o 19 de xullo de 2019 a través dos selos Warner Bros. Records e Bella Union.[1]

King's Mouth
Álbum de The Flaming Lips
Publicado19 de xullo de 2019
Duración41:10
Xénero(s)neopsicodelia, rock psicodélico
Selo(s)Warner Bros. Records, Bella Union
Producido porThe Flaming Lips, Dennis Coyne, Scott Booker
Cronoloxía
Oczy Mlody
(2017)
King's Mouth American Head
(2020)

King's Mouth é un álbum conceptual concibido como a banda sonora dunha exposición de arte do mesmo nome do líder Wayne Coyne, inaugurada en 2017. O álbum conta con Mick Jones de The Clash que narra varios temas.

Listaxe de cancións editar

N.º Título Duración
1. "We Don't Know How and We Don't Know Why"   1:10
2. "The Sparrow"   5:38
3. "Giant Baby"   3:50
4. "Mother Universe"   1:51
5. "How Many Times"   3:22
6. "Electric Fire"   4:26
7. "All for the Life of the City"   4:38
8. "Feedaloodum Beedle Dot"   2:50
9. "Funeral Parade"   2:58
10. "Dipped in Steel"   1:31
11. "Mouth of the King"   4:47
12. "How Can a Head"   4:09
41:10

Notas editar

  1. Yoo, Noah. "The Flaming Lips’ New Album Kings Mouth Gets Wide Release". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-10-16.