Kim Possible
Kim Possible é unha serie de animación infantil americana emitida por Disney Channel desde o 7 de xuño de 2002 ata o 15 de abril de 2005 cun total de 64 episodios emitidos, outros 22 están en produción para seren emitidos a fins de 2006.
Kim Possible | |
---|---|
Formato | Serie animada |
Creado por | Mark McCorkle Bob Schooley |
Intérpretes | Christy Carlson Romano Will Friedle Nestor Carbonell Nancy Cartwright Gary Cole John DiMaggio Shaun Fleming (1-3) Ricardo Montalbán Tahj Mowry Earl Boen Jean Smart Rider Strong (1-3) Nicole Sullivan Kirsten Storms Raven-Symoné Anneliese van der Pol A.J. Trauth (1-3) Patrick Warburton Ashley Tisdale (4) Spencer Fox (4) |
Tema de apertura | "Call Me, Beep Me" by Christina Milian |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 87 |
Produción | |
Duración | 22 min. (aprox. por episodio) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Disney Channel |
Primeiro episodio | 7 de xuño de 2002 |
Derradeiro episodio | 7 de setembro de 2007 |
Na rede | |
http://disneychannel.disney.com/kim-possible | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O primeiro episodio da serie foi un dos máis vistos de Disney Channel nos Estados Unidos e en 2005 gañou un Emmy
O argumento da serie céntrase nunha adolescente chamada Kim (Nome completo Kimberly Ann Possible), quen ten a miúdo que cruza-lo globo para rescatar xente, deter crimes ou loitar cos superviláns sen esquecer ir a clase no instituto de Middleton, remata-los seus deberes sen esquecer a familia. Para axudala conta con amigos como Ron Stoppable e a súa fiel mascota Rufus, un rato rasurado. O programa oriéntase cara a acción, pero tamén ten unha atmosfera cómica e unha gran serie de sucesos paradoxais e clichés do xénero de axente secreto.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Kim Possible Wiki (en inglés)