Kim Kielsen

6° Primeiro Ministro de Groenlandia

Kim Kielsen, nado en Paamiut o 30 de novembro de 1966, é un político groenlandés, primeiro ministro de Groenlandia desde o 30 de setembro de 2014 até 2021, e presidente do partido Siumut até o 20 de novembro de 2020, logo de substituír a Aleqa Hammond en outubro de 2014.

Infotaula de personaKim Kielsen

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de novembro de 1966 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Paamiut Editar o valor em Wikidata
Presidente do Parlamento de Groenlandia
maio de 2022 – setembro de 2023
← Hans Enoksen
Primeiro ministro de Groenlandia
10 de decembro de 2014 – 23 de abril de 2021
← Aleqa HammondMúte Bourup Egede →
Deputado do Parlamento de Groenlandia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGroenlandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoSiumut Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Kim Kielsen traballou como mariñeiro pero tras estudar na academia de policía, exerceu como oficial de policía nas localidades de Upernavik e Paamiut de 1996 ata 2003. En 2003 solicitou unha excedencia para exercer como coordinador dun proxecto social para nenos e mozos con problemas,[1]

Carreira política editar

Na primavera de 2005 entrou no concello da súa localidade natal, presentouse tamén ás eleccións xerais de novembro de 2005 logrando un asento no Parlamento de Groenlandia. Entre 2007 e 2009 foi ministro de Vivenda, Infraestruturas e Recursos Naturais. En outubro de 2014 converteuse en primeiro ministro en funcións tras renunciar Aleqa Hammond, e pouco despois o Siumut elixiuno o seu presidente,[2][3][4][5][6][7] con 44 votos sobre 65.[8][9][10] O 4 de decembro de 2014 o seu partido, Atassut, e Demokraatit formaron unha nova coalición. O 10 de decembro de 2014 estaban representados os novos ministros[11]

En resposta ao interese do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump en agosto de 2019, por comprar Groenlandia, Kielsen dixo que a proposta "non era algo para bromear" e que "Groenlandia non é dinamarquesa. Groenlandia é groenlandesa. Espero persistentemete que isto non sexa algo serio".[12][13]

O 29 de novembro de 2020, Kielsen perdeu a reelección para a presidencia do Partido Siumut ante Erik Jensen.[14][15]

Vida persoal editar

Kim Kielsen está casado con Judithe Kielsen, e teñen dous fillos.[16]

Notas editar

  1. "Kim Kielsen en naalakkersuisut.gl". Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2015. Consultado o 26 de decembro de 2015. 
  2. "Kim Kielsen". norden.org. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  3. "Kim Kielsen bliver naalakkersuisoq". Sermitsiaq.AG. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  4. Cathrine Bloch, Berlingske Nyhedsbureau (18 de outubro de 2014). "Kim Kielsen ny formand for Siumut". www.bt.dk. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  5. "Kim Kielsen vil også være ny Siumut-formand i Grønland". jyllands-posten.dk. 2 de outubro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  6. "For Greenland's premier, two reasons to be relieved". The Arctic Journal. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  7. "Kim Kielsen ny formand for Siumut". altinget.dk. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  8. "Se billeder: Kim Kielsens store triumf". Sermitsiaq.AG. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  9. "Opdateret: Kim Kielsen ny formand for Siumut". Sermitsiaq.AG. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  10. "Aleqa støtter Kielsen". Sermitsiaq.AG. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  11. "Her er navnene på det nye Naalakkersuisut". KNR. Consultado o 17 de outubro de 2015. 
  12. Lee, Matthew And Olsen, Jan. (2020) "US to boost aid to Greenland in bid to counter Russia, China" Associated Press
  13. Wise, Justin. (2019) "Greenland's leader rips Trump: Idea of buying territory 'not something to joke about'" The Hill
  14. "Kim Kielsen tabte valget: Det er en lettelse". KNR (en dinamarqués). Consultado o 2020-11-30. 
  15. "Erik Jensen felldi Kim Kielsen í formannskjöri Siumut". RÚV (en islandés). 2020-11-29. Consultado o 2020-11-30. 
  16. "Kim Kielsen - Naalakkersuisut". naalakkersuisut.gl. Arquivado dende o orixinal o 2018-12-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar