Kellie Harrington
Kellie Anne Harrington, nada en Dublín o 11 de decembro de 1989,[1] é unha boxeadora irlandesa e medallista olímpica de ouro nos Xogos Olímpicos de 2020 celebrados en Toquio.
Kellie Harrington | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 11 de decembro de 1989 |
Lugar de nacemento | Dublín |
Nacionalidade | Irlanda |
Ocupación | boxeadora |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Foi medallista de prata no Campionato Mundial Feminino de Boxeo de 2016, na categoría de peso welter. Gañou a medalla de ouro no Campionato Mundial Feminino de Boxeo de 2018 na categoría de peso lixeiro. Conseguiu a medalla de ouro na división de peso lixeiro dos Xogos de Toquio 2020 o 8 de agosto de 2021.
Vida persoal editar
Harrington é da zona norte de Dublín e é membro do Club de Boxeo St. Mary, en Tallaght.[2] Declarou que tiña intención de volver ao seu traballo de limpeza a tempo parcial no hospital psiquiátrico de St Vincent en Dublín, independentemente do seu resultado nos Xogos Olímpicos.[3]
Harrington mantén unha longa relación con Mandy Loughlin despois de coñecela a través do boxeo.[4] Isto converteu a Harrington nunha dos 180 deportistas abertamente homosexuais dos Xogos de 2020.[5]
Notas editar
- ↑ Kellie Harrington Irish Athletic Boxing Association profile, consultado o 10 de novembro de 2018
- ↑ "Waking hours: A day in the life of boxer Kellie Harrington". Irish Independent. 1 de marzo de 2020. Consultado o 5 de agosto de 2021.
- ↑ "Irish Olympic boxer will return to part-time cleaning job even if she wins gold". uk.news.yahoo.com (en inglés). Consultado o 2021-08-05.
- ↑ https://www.irishmirror.ie/sport/other-sport/boxing/inside-kellie-harringtons-relationship-partner-24685023
- ↑ Outsports (2021-07-12). "At least 180 out LGBTQ athletes at Tokyo Olympics, a record by far". Outsports (en inglés). Consultado o 2021-08-03.