Abrir o menú principal

Keita Tachibana

cantante xaponés

Keita Tachibana (橘 慶太, Tachibana Keita), nado en Fukuoka o 16 de decembro de 1985, é un músico xaponés. É o vocalista e coreógrafo principal do grupo de J-pop w-inds.

Keita Tachibana
Nome completoTachibana Keita (橘 慶太?)
AliasKeita Tachibana
Nacemento16 de decembro de 1985 (33 anos)
OrixeFukuoka, Xapón Flag of Japan.svg
Ocupaciónmúsico
Xéneropop
Instrumento(s)cantante
Selo(s) discográfico(s)Pony Canyon
Relacionado conw-inds
Tempo en activo2001 - presente
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Tachibana chamou a atención nacional como o único finalista home na Kyushu-Okinawa Starlight Audition do 2000. Logo desa experiencia, uniuse con dous bailaríns de Sapporo, Ryuichi Ogata e Ryohei Chiba, para formar w-inds.

Tachibana, en paralelo á banda ten unha carreira en solitario. O seu single debut "Michishirube" foi lanzado o 18 de outubro de 2006. A pesar da súa carreira en solitario sempre deixou claro que nunca se separará de w-inds, xa que é moi importante para el. O seu single de debut en solitario, "Michishirube", debutou no posto 3 no Oricon Singles Chart. O seu álbum en solitario chegou á quinta posición na primeira semana de Oricon Albums Chart semanal, é tamén o primeiro ending do anime, Katekyō Hitman Reborn! O seu segundo single en solitario, "Friend", foi lanzado como o primeiro OP do anime, Blue Dragon.

O blog de Keita foi galardoado "Blog do Ano 2006" por Cyber Agent. En 2007 Tachibana, puxo voz o príncipe Arturo (Artie), na versión dobrada en xaponés de Shrek the Third.

Véxase taménEditar