Keala Settle
Keala Joan Settle, nada o 5 de novembro de 1975, é unha actriz e cantante estadounidense. Settle interpretou o papel de Norma Valverde en Hands on a Hardbody, que se estreou en Broadway en 2013, e foi nomeada aos premios Outer Critics Circle Award, Drama Desk Award e Tony á mellor actriz de musical. En 2017, interpretou o papel de Lettie Lutz no filme musical The Greatest Showman. A canción "This Is Me", cantada principalmente por Settle, gañou o Globo de Ouro á mellor canción orixinal, e estivo nomeada ó Óscar á mellor canción orixinal. O 27 de xaneiro de 2019, Settle cantou "Seasons of Love" en Rent: Live de Fox.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Keala Joan Settle ![]() 5 de novembro de 1975 ![]() Laie, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Southern Utah University (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | actriz , actriz de cinema , actriz de televisión , actriz de teatro , cantante ![]() |
Período de actividade | 2002 ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarSettle naceu en Hawai, sendo a meirande de cinco irmáns fillos de Susanne (nada Riwai), quen é de ascendencia maorí de Nova Zelandia e o británico David Settle. Graduouse no instituto Kahuku (clase de 1993) e na Universidade do Sur de Utah.[1][2][3][4]
Notas
editar- ↑ "Southern Utah University alum Keala Settle earns Tony nomination for Best Featured Actress in a Musical"Salt Lake Tribune, 30 de abril de 2013
- ↑ [1] artandseek.net
- ↑ Champion, Lindsay. "Broadway Buzz. Hands on a Hardbody Showstopper Keala Settle on Growing Up Barefoot.." broadway.com, 14 de marzo de 2013
- ↑ Burkitt, Bree. "The greatest show woman: SUU alum Keala Settle finds success on screen and stage" The Spectrum, 10 de xaneiro de 2018
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Keala Settle na IMDb (en inglés).