Kazys Grinius
Kazys Grinius, nado o 19 de decembro de 1866 en Selema e finado o 4 de xuño de 1950 en Chicago, foi o terceiro presidente de Lituania, e gobernou entre o 7 de xuño e o 17 de decembro de 1926[1].
Kazys Grinius | |
---|---|
![]() | |
Presidente de Lituania | |
Período | 7 de xuño de 1926 - 17 de decembro de 1926 |
Antecesor | Aleksandras Stulginskis |
Sucesor | Jonas Staugaitis |
Datos persoais | |
Nacemento | 17 de decembro de 1866 |
Selema | |
Falecemento | 4 de xuño de 1950 |
Chicago, Illinois | |
Organización | Lietuvos valstieciu liaudininku sajunga |
Cónxuxe | Joana Pavalkytė-Griniuvienė |
Alma máter | Marijampolė Gymnasium e Medical faculty of Moscow University |
Profesión | médico e político |
Relixión | Igrexa católica latina |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Cando Grinius naceu en Selema, Lituania era parte do Imperio Ruso. El estudou medicina na Universidade de Moscou e graduouse médico. Durante a súa mocidade el envolveuse en actividades políticas, e foi perseguido pola policía do czar.
O 1896 el casou con Joana Pavalkytė. Durante algúns anos eles viviron en Virbalis. Eles tiveron un fillo o 1899, Kazys, e unha filla o 1902, Gražina. Durante a primeira guerra mundial eles viviron en Kislovodsk. A súa esposa e fillos foron mortos o 1918 nun ataque do Exército Vermello. Elas están sepultadas nun cemiterio de Kislovodsk.
Cando Lituania obtivo a súa independencia o 1918, Grinius tornouse membro da Asemblea Nacional como membro do Partido Popular Campesiño. El serviu como primeiro ministro entre 1920 e 1922 e asinou un pacto coa Unión Soviética. El foi elixido presidente polo Terceiro Seimas, pero serviu por apenas 6 meses, sendo deposto polo golpe de Estado do 1926, liderado por Antanas Smetona.
Cando a Alemaña nazi invadiu Lituania, Grinius recusouse a colaborar, debido á súa oposición a calquera ocupación estranxeira. El fuxiu ao Occidente cando Lituania foi ocupada polos soviéticos o 1944, e emigrou aos Estados Unidos o 1947[1].
El morreu en Chicago, Illinois o 1950[1]. Despois que Lituania recobrou a súa independencia o 1990 os seus restos mortais foron sepultados alá.
Notas Editar
Primeiro Ministro de Lituania | ||
---|---|---|
Segue a: Ernestas Galvanauskas |
Kazys Grinius | Precede a: Ernestas Galvanauskas |
Lietuvos valstieciu liaudininku sajunga |
Presidente de Lituania | ||
---|---|---|
Segue a: Aleksandras Stulginskis |
Kazys Grinius | Precede a: Jonas Staugaitis |
Lietuvos valstieciu liaudininku sajunga |