Kauffman Stadium
O Kauffman Stadium (/ˈkɔːfmən/), a miñudo chamado "The K", é un parque de béisbol situado en Kansas City, Missouri (Estados Unidos). É o estadio local dos Kansas City Royals das Ligas Maiores (MLB). É parte do Complexo Deportivo Truman xunto co Arrowhead Stadium, lar dos Kansas City Chiefs da National Football League (NFL). Inaugurado en 1973 co nome de Royals Stadium,[1] o 2 de xullo de 1993 aquiriu o seu actual nome na honra de Ewing Kauffman, fundador e primeiro propietario da franquía. Actualmente, é o único estadio da Liga Americana que leva o nome dunha persoa e un dos únicos dez de toda a competición que non ten nome patrocinado por unha empresa.
Kauffman Stadium | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 39°03′05″N 94°28′50″O / 39.051388888889, -94.480555555556 |
Localización | Kansas City, Estados Unidos |
Alcume | The K |
Nomes antigos | Royals Stadium (1973–1993) |
Construción | |
Construción | 11 de xullo de 1968 |
Inauguración | 10 de abril de 1973 |
Renovación | 2007–2009 |
Arquitecto | Kivett and Myers Populous (renovacións) |
Enxeñeiro | Bob D. Campbell & Co. |
Custo | $70 millóns (1973) $250 millóns (2010, renovación) |
Estadio | |
Superficie | Kentucky Bluegrass (herba natural) |
Dimensións | Left Field – 330 ft (101 m) Left-Center – 387 ft (118 m) Center Field – 410 ft (125 m) Right-Center – 387 ft (118 m) Right Field – 330 ft (101 m) Backstop – 60 ft (18 m) |
Capacidade | 37.903 (con bancadas de pé 40.625) |
Asist. máxima | 41.860 (26 de xullo de 1980) Yankees 5−4 Royals (MLB) |
Propietario | Jackson Sports Complex Authority |
Operadora | Jackson Sports Complex Authority |
Localía | Kansas City Royals (1973– ) |
Web | https://www.mlb.com/royals/ballpark |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Kauffman Stadium foi construído especificamente para a práctica do béisbol nunha época na que o habitual era a construción de recintos multiúsos. Está considerado ademais, xunto co Dodger Stadium dos Ánxeles, como un dos mellores exemplos de estadio con deseño modernista. Con capacidade para 37.903 espectadores,[2] é o sexto estadio máis antigo da MLB. Con todo, entre 2007 e 2009 foi renoovado por valor de 250 millóns de dólares. Entre outros eventos, o estadio acolleu dous All-Star (1973 e 2012) e xogos de catro Series Mundiais (1980, 1985, 2014 e 2015).
Notas
editar- ↑ "History of Kauffman Stadium". KansasCity.Royals.MLB. Kansas City Royals. 2016. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 1 de abril de 2019.
- ↑ "More About the K". KansasCity.Royals.MLB. Kansas City Royals. 2016. Consultado o 1 de abril 2019.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do estadio en mlb.com/royals
- Kauffman Stadium Seating Chart Arquivado 19 de setembro de 2020 en Wayback Machine.