Katmandú, un espejo en el cielo

Katmandú, un espejo en el cielo é un filme español dirixido por Icíar Bollaín que foi estreado no 2012. Está baseada na historia real de Victoria Subirana que é interpretada por Verónica Echegui. O filme trata sobre unha mestra que viaxa a unha escola de Katmandú sumida na pobreza. Foi estreada en febreiro de 2012.

Katmandú, un espejo en el cielo
Ficha técnica
Título orixinalKatmandú, un espejo en el cielo
DirectorIcíar Bollaín
ProdutorLuis de Val
Larry Levene
GuiónIcíar Bollaín
Paul Laverty
IntérpretesVerónica Echegui
Sumyata Battarai
Norbu Tsering Gurung
MúsicaPascal Gaigne
FotografíaAntonio Riestra
MontaxeNacho Ruiz Capillas
Estrea2012
Duración99 minutos
OrixeEspaña
XéneroDrama
Na rede
http://www.katmandulapelicula.com/
IMDB: tt1839688 Filmaffinity: 460368 Allocine: 187879 Rottentomatoes: m/kathmandu_lullaby Allmovie: v556787 TCM: 889039 Editar o valor em Wikidata

ArgumentoEditar

Laia é unha mestra que viaxa a Katmandú para traballar nunha escola dos barrios máis pobres. Alí decatarase de toda a miseria que a rodea, polo que o seu principal obxectivo será levar a cabo un proxecto educativo no que os nenos máis pobres reciban unha formación de calidade que lles axude a saír desa situación. Para poder realizalo e ficar traballando alí, verase obrigada a contraer un matrimonio de conveniencia cun cidadán de Katmandú, do cal acabarase namorando. Por outra banda, unha mestra nativa, Sharmila, axudaralle a pesar das fortes presións que recibe por parte da súa familia, que consideran que está a traer a deshonra á súa familia ó relacionarse cos "intocábeis".

PersonaxesEditar

  • Verónica Echegui como Laia
  • Sumyata Battarai como Sharmila
  • Norbu Tsering Gurung como Tsering
  • Kalsang Tamang como Rigga
  • Bikram Pariyar como Pemba
  • Muna Thami como Kushila
  • Sangita Tamang como Bimala
  • Aleix Rengel como Dani
  • Lluïsa Castell como Nai de Laia
  • Assun Planas como Monxa
  • Montse Alcoverro como Parteira
  • Ferran Lahoz como Pai de Laia

Galardóns e nomeamentosEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar