Os Karyorelictea son unha clase de protozoos ciliados caracterizados pola súa incapacidade de replicar o seu macronúcleo, un proceso chamado amitose que realizan outros ciliados. O macronúcleo debe ser resintetizado a partir do micronúcleo en cada división celular.[2] Todos os ciliados posúen varios núcleos dimórficos que teñen diferentes funcións, uns utilízanse para expresar as proteínas e denomínanse macronúcleos ou núcleos somáticos, e outros teñen a función de replicar o ADN herdable e denomínanse micronúcleos ou núcleos da liña xerminal. A maioría dos Karyorelictea non se poden cultivar, aínda que se desenvolveron liñas clonais de Loxodes. A clase está dividida en tres ordes, que son: Protostomatida, Loxodida e Protoheterotrichida, os cales foron inicialmente definidos polas súas características morfolóxicas, pero despois esta división foi confirmada pola filoxenética molecular.[2]