Karlo Balić
Carlos Balić, nado en Katuni o 6 de decembro de 1899 e finado en Roma o 15 de abril de 1977, foi un teólogo e sacerdote franciscano croata, especialista na figura e obra de Duns Scoto e reitor do Pontificio Ateneo Antonianum de Roma.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1899 Šestanovac, Croacia (en) |
Morte | 15 de abril de 1977 (77 anos) Roma, Italia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, escritor, mariologist (en) |
Orde relixiosa | Ordes franciscanas |
Traxectoria
editarVestiu o hábito franciscano o ano 1917 na provincia do Santísimo Redentor de Dalmacia. Ordenouse sacerdote en 1923 e ese mesmo ano enviárono á Universidade Católica de Lovaina, onde obtivo o doutoramento en teoloxía, cunha tese sobre a doutrina de Xoán Duns Escoto. Regresou a Croacia e dedicouse á ensinanza na súa Provincia, ata que, en 1933, o enviaron ao novo Pontificio Ateneo Antonianum de Roma, no que, de 1933 a 1973, desenvolveu o seu longo e fecundo labor docente e investigador.
Foi un estudoso, investigador, escritor e promotor de publicacións e de congresos, tendo como temas preferidos os autores franciscanos medievais e os temas marianos. Foi reitor magnífico do Antonianum de 1947 a 1953. Nomeárono presidente da Comisión para a edición crítica das obras, Opera Omnia, de Escoto (1938-1975), á que outorgou un novo impulso, ata o punto de ser considerado o seu segundo fundador, pois, en efecto, delineou un novo "camiño" para levar adiante a tarefa superando os moitos e graves obstáculos que a tiñan estancada.
Carlos Balić foi ademais fundador e presidente da Pontificia Academia Mariana Internacional (1946-1975), ente de coordinación de todos os estudosos de marioloxía do mundo, co que iniciou unha serie de Congresos Franciscanos Asuncionistas que prepararon o camiño para a declaración do dogma da Asunción, no que Balić participou activamente, como membro da Comisión teolóxica nomeada polo Papa Pío XII.
Concilio Vaticano II
editarOrganizou e presidiu tamén numerosos Congresos Escotistas e Congresos Marianos Internacionais para a investigación teolóxica. Así mesmo foi cualificador e consultor da Congregación para a doutrina da fe (antes Santo Oficio), membro da comisión preparatoria do Concilio Vaticano II e despois perito do mesmo, ademais de fundador e presidente da Sociedade Internacional Escotista.
En todo o período conciliar, Balić mostrouse como un dos peritos máis activos e fecundos, cooperando na realización do capítulo VIII da Lumen gentium dedicado á Virxe María. En 1975, con ocasión do Congreso Mariolóxico, o Papa Paulo VI recoñeceu e valorou todo o que Balić fixera en nome da Orde a favor de toda a Igrexa.