Karl Penka

antropólogo austríaco

Karl Penka, nado o 26 de outubro de 1847 en Mohelnice (Chequia) e morto en Viena o 10 de febreiro de 1912, foi un lingüista e etnólogo alemán.[1]

Infotaula de personaKarl Penka
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1847 Editar o valor em Wikidata
Mohelnice (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte10 de febreiro de 1912 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Viena Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía, antropoloxía, arianos (pt) Traducir e etnoloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Viena
Olomouc (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , filólogo , profesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata

A raza aria editar

Penka tomou o concepto de ario, ata o daquela estritamente lingüístico, e aplicouno á cultura e o pobo que falaba tal lingua. Considerado un dos precursores das ideas da superioridade da raza aria, Penka popularizou a idea de que os arios xurdiran en Escandinavia e que poderían ser identificados a través da pureza étnica das poboacións nórdicas, e as súas características físicas (cabelos louros, cranio alongado, ollos azuis). Tomara por base as ideas do historiador xudeu Ludwig Geiger, que en 1871 defendera que a Europa central era o lugar de orixe da raza aria, e posteriormente ampliada por Theodor Poesche co engadido de que os nórdicos conservaran os seus caracteres intactos. A pesar de polémicas, as súas ideas sobre as orixes dos arios tiveron gran repercusión en Inglaterra, defendidas sobre todo por Gerald Henry Rendall co seu libro The cradle of the arians [2] (1889):

Notas editar

  1. Kürschners Gelehrtenkalender 1904 s.v. Penka
  2. ’O berce dos arios’

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

As súas principais obras, cuxa repercusión serviu para difundir o mito sobre a "raza aria" en Europa, foron:

  • Origines Ariacae. Linguistich-ethnologische Untersuchungen zur ältesten Geschichte der arischen Völker und Sprachen (Orixes arias. Estudo lingüístico-etnolóxico da antiga historia do pobo e da lingua aria). 1883 e
  • Die Herkunft der Arier. Neue Beiträge zur historischen Anthropologie der europäischen Völker. (Orixes dos arios), 1886.

Outras obras son:

  • Die Nominalflexion der indogermanischen Sprachen. Viena 1878.
  • Entstehung der arischen Rasse. In: Das Ausland 1891, p. 132 ss.
  • Neue Hypothesen über die Urheimat der Arier. Leipzig 1906.
  • O. Schraders Hypothese von der südrussischen Urheimat der Indogermanen. Leipzig 1908 (= Beiträge zur Rassenkunde. Heft 6).