Kajetán Matoušek

Kajetán Matoušek, nado o 7 de agosto de 1910 en Praga (Austria-Hungría) e finado o 19 de outubro de 1994 tamén en Praga (República Checa), foi un eclesiástico católico latino checo, bispo auxiliar de Praga.

Infotaula de personaKajetán Matoušek

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1910 Editar o valor em Wikidata
Praga, República Checa Editar o valor em Wikidata
Morte19 de outubro de 1994 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Kolín (República Checa) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMalvazinky Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Bispo titular
29 de agosto de 1949 –
Diocese: Serigene (en) Traducir
Bispo auxiliar
29 de agosto de 1949 – 5 de xuño de 1992
Diocese: Arquidiocese de Praga (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Checa
Checoslovaquia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica e Igrexa católica latina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1949–), sacerdote católico (1934–), teólogo , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua checa Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAntonín Eltschkner (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu o 7 de agosto de 1910 en Praga,[1] e foi ordenado sacerdote o 22 de decembro de 1934.[1] Por mor da cada vez maior situación de persecución do réxime checoslovaco contra a Igrexa católica,[2] foi nomeado bispo en segredo o 29 de agosto de 1949, auxiliar de Praga e titular de Serigene.[1] A súa consagración episcopal tivo lugar o 17 de setembro do mesmo ano, de mans do bispo Antonín Eltschkne.[1][3]

Foi dos poucos que puidereon exercer o seu ministerio, probablemente porque conseguiu manter a súa ordenación episcopal en segredo, evitando a cadea. Até 1989 exerceu como párroco en Praga, onde ordenou en segredo a varios sacerdotes, entre eles a Antonín Liška, consagrado bispo por el mesmo pouco despois.

O chamado consentimento do estado para exercer como bispo foille concedido durante a apertura que seguiu á Primavera de Praga, o 26 de xullo de 1968.[4] Porén, a súa actividade pública como bispo durou pouco pola invasión soviética de agosto de 1968, xa que o permiso para exercer como bispo lle foi retirado en 1970.[5] Dende ese momento, e até a súa morte, viviu e traballou na parroquia de Santo Adalberto de Praga.

O 19 de maio de 1988 lle foi permitido exercer novamente o seu ministerio episcopal. Renunciou ao cargo o 5 de xuño de 1992 e finou o 21 de outubro de 1994.

Obra editar

  • Řešení školské otázky podle práva přirozeného. Olomouc: Matice cyrilometodějská. 1947. 
  • Proč katolík věří?. Praga: Universalia. 1948. 

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Annuario pontificio per l'anno 1984 (en italiano). Libreria editrice vaticana. 1984. p. 834. Kajetán Matoušek, n. in Praha, 7 ag. 1910; ord. 22 dic. 1934; el. 29 ag. 1949; cons. 17 sett. 1949; Ausiliare del Emmo. Sig. Card. Arciv. di Praha (impedito). 
  2. Unha descripción xeral do proceso estatal contra a Igrexa pode atoparse en Skalický, Karel (1989). "The Vicissitudes of the Catholic Church in Czechoslovakia, 1918 to 1988". En Stone, Norman; Strouhal, Edward. Czechoslovakia: Crossroads and Crises, 1918–88. Springer. pp. 297–323. ISBN 9781349106448. 
  3. Polc, Jaroslav V.; Svoboda, Bohumil (2008). Kardinál Josef Beran: Životní příběh velkého vyhnance. Vyšehrad. ISBN 9788070219379. Nikoliv tajně, ale bez státního souhlasu byl v Praze vysvěcen na biskupa Kajetán Matoušek, světitelem byl světicí biskup pražský Antonín Eltschkner. 
  4. Hledíková, Zdeňka; Polc, Jaroslav V., eds. (1994). Pražské arcibiskupství 1344-1994: sborník statí o jeho působení a významu v české zemi. Zvon. p. 287. Kajetán Matoušek dostal souhlas k výkonu činnosti pražského pomocného biskupa (26.7.1968). 
  5. Šebek, Jaroslav (2011). "Le chiese cristiane in Cecoslovacchia durante la Primavera di Praga". En Caccamo, Francesco; Helan, Pavel; Tria, Massimo. Primavera di Praga, risveglio europeo. Firenze University Press. p. 77. ISBN 9788864532691. In realtà, l'unico che poté esercitare per breve tempo il suo ministero fu il vescovo [...] Kajetán Matoušek: ma il periodo della sua attività non si protrasse molto oltre la durata del processo di rigenerazione del PCC, dato che nel 1970 il nulla osta statale a esercitare il ministero vescovile gli fu nuovamente ritirato.