Abrir o menú principal

Sociedad Deportiva de Remo Kaiku

(Redirixido desde "Kaiku Arraunaren Kirol Elkartea")

A Sociedad Deportiva Kaiku ou Kaiku Arraunaren Kirol Elkartea é un club de remo da localidade de Sestao, Biscaia (Euskadi). As súas cores son o verde e o negro (as cores da localidade de Sestao) e a súa traiñeira actual chámase Bizkaitarra. É un dos clubs máis laureados do Cantábrico.

HistoriaEditar

No barrio sestaoarra de Simondrogas, a carón do río Galindo, e por iniciativa dun grupo de amigos encabezados por Pedro de Barrondo y Garay, creouse en 1923 a Sociedad Deportiva Kaiku adoptando como distintivo as cores verde e negra que no decorrer de máis de medio século serían exhibidos a bordo, primeiro da Juanita (a primeira) e sucesivamente da Kaikutarra, Bilbotarra, Bizkaiko Ama, Cincuentenaria e Bizkaitarra (a actual). A primeira actividade deportiva desenvolvida pola Sociedade foi o fútbol para, a partir de 1925 e representando ao Sestao Sport, propietario da traiñeira “Juanita”, competir en regatas tendo de patrón a Paulino Asúa[1].

Dende 1929, Kaiku actúa con este nome nas confrontacións remeiras, pasando da “Juanita”, que ese mesmo ano foi doada polo Sestao Sport á “Bilbotarra”, adquirida aos construtores Ondarooa e Meniguren, de Axpe –Erandio polo prezo de mil cincocentas pesetas[1].

O Club de Remo Kaiku é famoso polas numerosas vitorias que conseguiu ao longo da súa historia. Sendo durante moitas tempadas o campión indiscutíbel neste deporte, tal e como amosan os títulos conseguidos até o momento. Viviu a súa época dourada nos anos 70 e principios dos 80.

Na tempada 2008 conseguiu o ansiado ascenso á Liga San Miguel (a máxima categoría do remo no Norte da Península) logo de competir uns anos nas categorías inferiores do remo, e no 2009 participou nela por primeira vez na súa historia con José Luis Korta como adestrador. Ademais no mes de Agosto dese mesmo ano conquistou o seu cuarto Campionato de España de Traiñeiras (logo de 27 anos[2]), ademais do Campionato de Biscaia e de Euskadi de traiñeiras.[3].

PalmarésEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Historia do Kaiku na súa web oficial.". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2010. 
  2. "Kaiku, campeón de España 27 anos después". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2009. Consultado o 30 de decembro de 2010. 
  3. "Kaiku reina otra vez en Vizcaya". Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2009. Consultado o 30 de decembro de 2010. 

Véxase taménEditar