KDE e.V. (“KDE eingetragener Verein”, «Asociación rexistrada KDE» en alemán, denominación legal alemá[1]) é unha asociación fundada en 1997 que representa e apoia á comunidade KDE, dándolle representación legal naquelas actividades que precisen dela, xestionando os cartos, e lexitimando aos individuos que se pronuncian ou actúan en nome da comunidade. En España, esta representación lévaa a cabo KDE España, a quen KDE e.V. concedeu as competencias en dito país. Como asociación baixo a lei alemá, KDE e.V. está exenta de impostos, dado que as súas actividades e obxectivos están destinados a contribuír aos bens públicos[1].

KDE e.V.
Tipoentidade filantrópica
Data de fundación27 de novembro de 1997
Fundador(es)Matthias Ettrich e Matthias Kalle Dalheimer
Presidente/aAleix Pol Gonzalez (en) Traducir (2019-) Editar o valor em Wikidata
SedeBerlín
PaísAlemaña
Na rede
http://ev.kde.org
editar datos en Wikidata ]

Funcións editar

O aspecto máis formal da KDE e.V. é a representación da comunidade KDE, de xeito que é posible que alguén se pronuncie oficialmente en nome da comunidade, que se poidan asinar contratos e que se poidan recibir cartos. A asociación actúa en nome da comunidade. A súa estrutura asegura que as decisións representan as intencións dos membros da comunidade.

Outro aspecto é o de apoiar á comunidade KDE no desenvolvemento de software libre, financiando moitas actividades, coma encontros de desenvolvedores (“developer springs”), onde grupos reducidos de contribuidores se xuntan uns días para traballar, coordinarse e introducir a novos membros da comunidade[1]. Tamén organiza a conferencia anual (Akademy), financia os custos de transporte a algúns membros da comunidade para algunhas das súas actividades, e ten unhas oficinas con traballadores que levan a cabo as tarefas administrativas e organizativas.

Ademais conta cun foro para que os seus membros conversen e tomen decisións, actúa coma un punto central de contacto coa comunidade e constitúe un dos sinais de identidade de KDE.

Porén, KDE e.V. non intervén nas cuestións técnicas da comunidade, coma o desenvolvemento de software e todo o relativo a dito proceso.

Financiamento editar

O programa “Join the game” (inglés para «Únase ao xogo»), unha campaña para promover o programa de contribución individual (para contribucións económicas a KDE), foi a principal fonte de recadación económica da asociación durante o segundo cuadrimestre do ano 2010[1].

Membros editar

A asociación confórmana os principais membros da comunidade KDE. Os novos membros escóllenos mediante votación os membros actuais, co obxectivo de representar de maneira efectiva no seu conxunto a toda a comunidade. Nestes momentos hai 165 membros, con dereito a voto sobre as decisións da asociación.

Actualmente a súa directiva está formada por:[2]

  • Cornelius Schumacher, presidente.
  • Sebastian Kügler, vicepresidente.
  • Agustin Benito Bethencourt, tesoureiro.
  • Lydia Pintscher e Pradeepto Bhattacharya, membros do consello.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Informe do segundo cuadrimestre do 2010.
  2. "Board of Directors". KDE e.V. Board. Consultado o 22-12-2012.