KAI T-50 Golden Eagle

O KAI T-50 Golden Eagle (coreano: 골든이글) é unha familia de adestradores avanzados e aviónsde combate lixeiros supersónicos de Corea do Sur desenvolvidos por Korea Aerospace Industries (KAI) con Lockheed Martin.[1] É o primeiro avión supersónico indíxena de Corea do Sur e un dos poucos adestradores supersónicos do mundo.[2]

KAI T-50 Golden Eagle
Tipoadestrador avanzado/caza lixeiro
FabricanteKorea Aerospace Industries
Lockheed Martin
Primeiro voo20 de agosto de 2002
Introducido22 de febreiro de 2005
Principais usuariosForza Aérea de Corea do Sur
Forza Aérea de Iraq
Forza Aérea de Indonesia
Forza Aérea de Filipinas
Produción2001 - presente
Unidades construídas200

O desenvolvemento do T-50 comezou a finais dos anos 90, e o seu primeiro voo foi no ano 2002. Entrou en servizo activo coa Forza Aérea da República de Corea en 2005. O T-50 foi posteriormente desenvolvido con variantes como avión acrobático e de combate, as T-50B, TA-50 e FA-50. Considerouse tamén unha variante monopraza de caza multipropósito do F-50, pero finalmente foi cancelada. O T-50B serve co equipo acrobático da Forza Aérea de Corea do Sur, os Black Eagles.

O T-50 está en servizo con varios países. Iraq recibiu 24 avións da variante de adestramento, designados T-50IQ, en 2016. A variante de ataque lixeiro TA-50 é operada por Indonesia, 16 avións entraron en servizo en 2014 e en 2021 pedíronse 6 aparellos máis. Filipinas opera 12 unidades da variante de caza lixeiro FA-50, e o país considera pedir outras 12 unidades. Tailanda pediu 12 aparellos da versión de adestramento avanzado, T-50TH, en 2015.[3] No ano 2022 Polonia pediu 48 FA-50,[4] en en 2023 Malaisia pediu 18 aparellas da última variante Block 20, coa posibilidade de mercar outros 18.[5]

Notas editar

  1. "FLUG REVUE Aircraft Gallery: Korea Aerospace T-50 Golden Eagle". web.archive.org. 2010-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2010. Consultado o 2024-05-02. 
  2. "Domestic Light Attack Jets Due in 2013". koreatimes (en inglés). 2008-12-30. Consultado o 2024-05-02. 
  3. "2024 World Air Forces directory". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-05-03. 
  4. "Poland receives new FA-50 light combat jets". Shephard (en inglés). Consultado o 2024-05-03. 
  5. "LIMA 2023: KAI says Malaysia keen to order 18 additional FA-50s". Janes.com (en inglés). Consultado o 2024-05-03.