K-Meleon

aplicación para a navegación web

K-Meleon é un navegador web libre baseado en Gecko. O obxectivo de K-Meleon é prover un navegador lixeiro para Windows, similar a Galeon ou Firefox. K-Meleon distribúese baixo licenza GPL.

Destaca particularmente a súa rapidez (superior a Mozilla Application Suite, Netscape ou Firefox, e moi superior a Internet Explorer) e o seu escaso consumo de recursos do sistema, o cal fai que funcione perfectamente en ordenadores moi antigos. Así mesmo é configurable e modificable ata o infinito, sendo moi sinxelo engadirlle calquera funcionalidade (aínda que non fose en principio prevista polos seus creadores). Os foros da súa páxina oficial son activos e de utilidade, sendo o mellor lugar para recibir soporte técnico e consellos dos seus membros.

Como se utiliza a interface nativa de Windows no lugar de XUL, en K-Meleon non se poden instalar extensións e temas de Mozilla, posiblemente unha das características máis importantes dos navegadores de Mozilla. Porén, K-Meleon ten o seu propio conxunto de complementos como macros e aparencias, que poden estender as funcionalidades e personalizar a aparencia do navegador.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar