K'akheti

K'akheti (en xeorxiano: კახეთი) é unha rexión (en xeorxiano: Mkhare; მხარე) formada nos anos 1990 de Xeorxia da provincia histórica de K’akheti e a pequena e montañosa provincia de Tusheti. Telavi é a capital. A rexión comprende oito distritos administrativos: Telavi, Gurjaani, Kvareli, Sagarejo, Dedoplistsqaro, Signagi, Lagodekhi e Akhmeta. K’akheti fai fronteira polo norte e este con Rusia (Chechenia e o Daguestán), polo sueste con Acerbaixán e coas rexións de Mtskheta-Mtianeti e Kvemo Kartli polo oeste.

K’akheti
კახეთი
Kakheti in Georgia (Georgian view).svg
EstadoFlag of Georgia.svg Xeorxia
CapitalTelavi
 • Poboación19,629 (2014)
Lingua oficialXeorxiano
Presidente
Irakli Shioshvili
 • Total11,310 km²
 • Total318,583 (est. 2014) hab.
 • Densidade28.2 hab./km²
Fuso horarioUTC+4
Código ISOGE-KA

HistoriaEditar

 
Sighnaghi é un importante centro da rexión.

K'akheti foi un principado feudal independiente de finais do século VIII. Foi incorporado ó Reino Unido de Xeorxia a principios do século XI. Após a desintegración do Reino de Xeorxia, K'akheti converteuse nun reino independiente na décado de 1460. En 1762, o reino de K'akheti uniuse co vecino reino xeorxiano de Kartli. Ambos reinos foron debilitados polas frecuentes invasións e en 1801 o Reino de Kartli - K'akheti foi anexada ao Imperio ruso. En 1918-1921 K'akheti era parte da independiente República Democrática de Xeorxia e dende 1922 ata 1991 parte da Unión Soviética dentro da República Socialista Soviética de Xeorxia sen ser unha entidade política administrativa. Dende a independencia de Xeorxia en 1991, K'akheti é unha rexión na república de Xeorxia e Telavi segue sendo a súa capital.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar