Justo Rodríguez Alba
enxeñeiro e escritor español
Justo Rodríguez Alba, nado en Burgos o 27 de outubro de 1833 e finado en Mondoñedo o 24 de setembro de 1899, foi un enxeñeiro, xornalista e escritor español.
Justo Rodríguez Alba | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1833 |
Lugar de nacemento | Burgos |
Falecemento | 24 de setembro de 1899 |
Lugar de falecemento | Mondoñedo |
Nacionalidade | España |
Ocupación | enxeñeiro, escritor e xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo de Pedro Rodríguez, natural de Ribadeo, e de Micaela de Alba. Crióuse en Mondoñedo, onde estudou Latín e Humanidades, Filosofía e Teoloxía no Seminario de Mondoñedo de 1845 a 1852. Estudou despois Enxeñería de Camiños, Portos e Canais na escola de axudantes de enxeñeiros. Foi representante da compañía inglesa Tharsis en Huelva. Foi funcionario do Estado desempeñándose como enxeñeiro en varias provincias de 1861 a 1865. Colaborou en El Eco Mindoniense. En febreiro de 1887 foi nomeado encargado da dirección técnica dos traballos da canle de Isabel II.[1]
Obras Editar
- ¿Religión ó fanatismo? Drama en tres actos y en prosa, 1886.
- Un diente, 1886.
- Lucubraciones psico-físicas, 1892.
- Tipos originales. Pasacalle cómico en un acto y en verso, 1892.
Notas Editar
- ↑ El escritor y poeta don Justo Rodríguez Alba, El Progreso, 30-12-1949, p. 3.