Juno I
Foguete espacial dos Estados Unidos.
Juno I foi o nome dun foguete derivado do foguete suborbital Jupiter C, derivado á súa vez do mísil Redstone. A miúdo úsase indistintamente o nome de Juno I ou Jupiter C para designar o foguete. Tecnicamente, o Juno I era un Jupiter C cunha cuarta etapa. O Jupiter C usouse en lanzamentos suborbitais previos ó intento de poñer un satélite en órbita.[1][2]
Juno I | |
---|---|
Función | Lanzador espacial de baixa capacidade. |
país de orixe | Estados Unidos[1] |
Tamaño | |
altura | 21,2 m[1] |
diámetro | 1,78 m[1] |
masa | 29.060 kg[1] |
Etapas | 4[1] |
Carga LEO | |
masa | 11 kg[1] |
foguetes derivados | |
Familia | Juno II |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado[1] |
Sitios | Cabo Cañaveral[1] |
Total de lanzamentos | 9[1][2] |
fallos | 3[1][2] |
Voo inaugural | 20 de setembro de 1956[1][2] |
Último voo | 23 de outubro de 1958[1][2] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Características
editarJuno I foi o primeiro foguete en conseguir poñer con éxito un satélite dos Estados Unidos en órbita, o Explorer 1, adiantándose ós intentos errados do programa Vanguard. Foi lanzado un total de nove veces, incluídos tres voos suborbitais. Dos lanzamentos orbitais, tivo éxito en tres.[1][2]
Historial de lanzamentos
editarVoo[1][2] | Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|---|
1 | 20 de setembro de 1956 | Cabo Cañaveral, plataforma 5 | N/A | Éxito | Primeiro voo suborbital dun Juno I / Jupiter C. |
2 | 15 de maio de 1957 | Cabo Cañaveral, plataforma 6 | N/A | Éxito | Segundo voo suborbital dun Juno I / Jupiter C. |
3 | 8 de agosto de 1957 | Cabo Cañaveral, plataforma 6 | N/A | Éxito | Terceiro e último voo suborbital dun Juno I / Jupiter C. |
4 | 1 de febreiro de 1958 | Cabo Cañaveral, plataforma 26A | Explorer 1 | Éxito | Primeiro lanzamento orbital exitoso dos Estados Unidos. |
5 | 5 de marzo de 1958 | Cabo Cañaveral, plataforma 26A | Explorer 2 | Fallo | Fallo na ignición da cuarta etapa. |
6 | 26 de marzo de 1958 | Cabo Cañaveral, plataforma 5 | Explorer 3 | Éxito | |
7 | 26 de xullo de 1958 | Cabo Cañaveral, plataforma 5 | Explorer 4 | Éxito | |
8 | 24 de agosto de 1958 | Cabo Cañaveral, plataforma 5 | Explorer 5 | Fallo | A primeira etapa colisiounou coas etapas superiores no momento da separación, co que a segunda etapa encendeuse pero apuntando nunha dirección incorrecta. |
9 | 23 de outubro de 1958 | Cabo Cañaveral, plataforma 5 | Beacon 1 | Fallo | Fallo estrutural do foguete aos 149 segundos. Último voo dun Juno I. |
Notas
editar- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 Mark Wade (2011). "Jupiter C" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2013.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Juno-1" (en inglés). Consultado o 6 de maio de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juno I |