Julius Bahnsen

filósofo alemán

Julius Friedrich August Bahnsen, nado o 30 de marzo de 1830 en Tondern, no seu tempo territorio prusiano, agora parte de Dinamarca e finado o 7 de decembro de 1881 en Lauenburg, Pomerania, agora parte de Polonia, foi un filósofo alemán. Bahnsen está considerado o orixinador da caracteroloxía que formulou nos dous volumes de Beiträgen zur Charakterologie (1867) e desenvolveu nas súas seguintes obras, en especial na súa Opus magnum Der Widerspruch im Wissen und Wesen der Welt (1880/82).

Julius Bahnsen
Julius Bahnsen.jpg
Nome completoJulius Friedrich August Bahnsen
Nacemento30 de marzo de 1830
Lugar de nacementoTønder
Falecemento7 de decembro de 1881
Lugar de falecementoLębork
NacionalidadeReino de Prusia
Alma máterUniversidade de Tubinga e Universidade de Kiel
Ocupaciónfilósofo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1847 Bahnsen comezou a estudar filosofía e (con Gregor Wilhelm Nitzsch) filoloxía en Kiel. En 1849 alistouse como voluntario contra os dinamarqueses na Primeira Guerra de Schleswig (1848–1851) e marchou a Tubinxia no estado alemán de Baden-Württemberg despois do desarmamento do exército de Schleswig-Holstein en 1850. Alí estudou filosofía e en 1853 graduouse baixo a dirección de Friedrich Theodor Vischer cun tema sobre a estética. Exerceu como profesor en varias localidades ata que en 1862, Bahnsen obtivo emprego nun progymnasium en Lauenburg, onde viviu ata a súa morte.

Obra filosóficaEditar

Como discípulo de Schopenhauer, Bahnsen combinou a dialéctica de Hegel (que Bahnsen, non obstante, só aceptaba dentro do dominio do abstracto) e o monismo de Schopenhauer. Nesta combinación o irracional que comporta a vontade schopenhaueriana, que aínda acepta como a esencia da existencia e tamén de todo o mal, non é igual en cada individuo, senón tan múltiple como eses individuos. O seu é un pesimismo radical, vivimos nun inferno que carece de saída, o estado natural é un estado de brutalidade, onde reinan os malos instintos e canto facemos para elevarnos por medio da moralidade, máis a vontade devén autónoma e forte e máis sufrimos por medio da conciencia do deber. Para Bahnsen non se pode librar ao home da dor por medio da moralidade, afirmando que o absurdo é a lei suprema

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Julius Bahnsen, Winfried H. Müller-Seyfarth (Ed.): Das Tragische als Weltgesetz und der Humor als ästhetische Gestalt des Metaphysischen. (“The Tragical as World Law and Humour as Aesthetic Shape of the Metaphysical.”) VanBremen VerlagsBuchhandlung, Berlin 1995
  • Julius Bahnsen, Anselm Ruest (Ed.): Wie ich wurde, was ich ward, nebst anderen Stücken aus dem Nachlaß des Philosophen. Leipzig 1931