Julio César García-Luengo Montero
Julio César García-Luengo Montero, nado en 1939[1], é un político galego do PPdeG, que foi alcalde de Crecente dende o 1979 ata xaneiro do 2007. É pai de Julio César García-Luengo Pérez, que foi alcalde despois ca el.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1939 (84/85 anos) |
Alcalde de Crecente | |
19 de abril de 1979 – 2007 – Julio César García-Luengo Pérez → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarNas primeiras eleccións democráticas presentouse á alcaldía de Crecente encabezando a candidatura da UCD e foi elixido alcalde[2]. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura da CIGA e foi elixido alcalde con maioría absoluta. A partir das municipais de 1987 presentouse por AP e logo polo PPdeG continuando como alcalde sempre con maioría absoluta. En 2007 deixoulle a alcaldía ao seu fillo Julio César García-Luengo Pérez, aínda que foi elixido concelleiro na súa lista. En outubro de 2010 o seu fillo destituíuno como tenente de alcalde e membro da xunta de Goberno local, logo de anunciar que pretendía dimitir para encabezar unha lista independente en Arbo nas eleccións locais de 2011. Aínda que amagou con presentarse como candidato en Crecente polo CDS, finalmente desistiu.[3]
Notas
editar- ↑ Segundo esta páxina.
- ↑ Concello de Crecente (19 de abril de 1979). "Acta de sesión constitutiva". Deputación de Pontevedra. Consultado o 2023-11-11.
- ↑ "Crecente se queda sin papá". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de maio de 2011.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar
Predecesor: Valentín Linares Valeije |
Alcalde de Crecente 1979 - 2007 |
Sucesor: Julio César García-Luengo Pérez |